Sorprenden a dous homes mentres trataban de roubar nunha nave de Pontevedra

Os axentes da Policía Local sorprenderon aos presuntos ladróns canco estaban a forzar a porta con diversas ferramentas

 

A tentativa de roubo tivo lugar na rúa Eduardo Blanco Amor. GSV
photo_camera A tentativa de roubo tivo lugar na rúa Eduardo Blanco Amor. GSV

A Policía Local de Pontevedra detivo este mércores a dous homes, de 38 e 22 anos, por un presunto delito de tentativa de roubo con forza.

Os feitos ocorreron sobre as 23:45 horas, cando unha patrulla desprazouse ata rúa Eduardo Blanco Amor por un alerta de ruídos procedentes dunha vivenda deshabitada, sen saber si eran os donos ou ocupas.

Os axentes observan a dous homes no interior da citada vivenda, manifestando que estaban residindo na mesma porque non tiñan onde vivir. Ante os feitos, os axentes da Policía Local de Pontevedra procederon a identificación dos mesmos antes de abandonar o lugar.

Posteriormente, e tras consultar os datos de filiación dos citados homes, un dos identificados non concorda cos datos facilitados, polo que novamente acoden á nave.

Cando regresan ao lugar, os axentes observan como estas dúas persoas trataban de forzar a porta dunha nave que se atopaba nas inmediacións da vivenda deshabitada utilizando diversas ferramentas.

Ante os feitos, os axentes da Policía Local de Pontevedra, procederon a detención destas dúas persoas por un presunto delito de tentativa de roubo con forza.