Martes. 18.06.2019 |
El tiempo
Martes. 18.06.2019
El tiempo

Sumilleres de categoría no CIFP Carlos Oroza

Juan Rubiños servindo a Xoan Cannas durante o Campionato de Sumillería. DAVID FREIRE
Juan Rubiños servindo a Xoan Cannas durante o Campionato de Sumillería. DAVID FREIRE

O centro acolleu o Campionato de Sumillería Suso Domínguez, no que resultou gañador Juan Rubiños, alumno do IES de Foz

O CIFP Carlos Oroza acolleu este xoves o Campionato de Sumillería Suso Domínguez para Escolas de Hostalaría de Galicia, Portugal, Asturias e Biarritz, no que resultou gañador Juan Rubiños, do IES de Foz. En segundo e terceiro lugar quedaron Alberto Vega, do IES Fragas do Eume (Pontedeume), e Sara González, do CIFP Manuel Antonio (Vigo).

A V edición do campionato estivo adicada á DO Valdeorras.  A primeira proba consistiu nun cuestionario específico sobre dita denominación de orixe. No segundo e terceiro exercicio, os alumnos tiveron que identificar diferentes olores e un viño da DO Valdeorras entre cinco referencias. Na proba final, os participantes realizaron unha proba de decantación tipo aireado.

Sara González, durante o Campionato de Sumillería. DAVID FREIRE

Sara González, que quedó en tercer lugar. DAVID FREIRE

O campionato contou cun xurado de luxo presidido por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño. Formaron parte del Guillermo Cruz Alcubierre, xefe de sumilleres do restaurante Mugaritz e un dos sumilleres máis recoñecidos do mundo; Esther Daporta, sumiller do restaurante con estrela Michelín Yayo Daporta de Cambados; Jorge Mazaira (Director Técnico da DO Valdeorras); e Xosé Gontá e Martiño Santos (propietarios da tenda de viños Vide Vide de Santiago).

Sumilleres de categoría no CIFP Carlos Oroza
Comentarios