O Tribunal Supremo aprazou a data prevista para a votación e sentenza do primeiro recurso de casación presentado contra as sentenzas da Audiencia Nacional que anulan a prórroga a Ence da concesión de Pontevedra ata 2073, co fin de facer coincidir a votación e a sentenza dos dous recursos, segundo informa a propia compañía pasteira.
"É previsible que nos próximos meses se publique a correspondente sentenza", explican fontes de Ence-Energía y Celulosa. O certo é que o Alto Tribunal ten unha gran cantidade de asuntos pendientes de resolución en todas as súas salas que se foron acumulando por distintos motivos.
Biogás
En canto a outros proxectos xa en marcha, a empresa pasteira destaca que "recentemente, Ence puxo en marcha unha filial para analizar o potencial de produción e comercialización de biogás a partir de residuos orgánicos". Trátase, segundo detallan fontes da firma, dunha nova liña de actividade baseada na bioeconomía circular, que, segundo aseguran, xa sustenta os seus dous principais negocios, que conta cun "alto potencial de crecemento en España e que é coherente coa súa estratexia de diversificación en enerxías renovables".