A Surfeira, unha dorna única para coñecer a Boa Vila a través dunha travesía

Trátase dunha actividade gratuita, apta para todos os públicos
A Surfeira. DP
photo_camera A Surfeira. DP

Poñer en valor o antigo barrio da Moureira dunha forma distinta con motivo das Festas da Peregrina é o obxectivo co que a Concellería de Turismo pon en marcha unha travesía fluvial. A Surfeira é o nome da dorna de 8 metros de eslora, con prazas para 6 persoas, na que se poderá disfrutar dunha viaxe de 80 minutos (40 de ida e 40 devolta) polo tramo final de Lérez en dirección Lourido, zarpando dende o Club Náutico.

Trátase dunha actividade gratuita, apta para todos os públicos, cunha idade mínima para nenos e nenas de 5 anos. Os menores deberán ir obligatoriamente acompañados dun adulto.