Sustentabilidade e solidariedade para apuntalar o emprendemento

Oito institutos da provincia, entre eles o IES Luís Seoane, presentaron as cooperativas que participan no programa Depoemprende na Eso
JAVI 2ª DEPUTACION: A deputada de Emprego, Raquel Giráldez, e o deputado de Economía e Facenda, Carlos López Font, fan entrega dos NIF das cooperativas constituídas polo alumnado que está a participar no programa “DepoEmprende na ESO”. Salón de Plenos. Pazo provincial. Hai varios coles e ies de Pontevedra. O interesante era facerlles foto a algún dos grupos estes.
photo_camera Foto de familia do estudantado cos deputados Marta Giráldez e Santos Héctor. JAVIER CERVERA - MERCADILLO

O Pazo da Deputación de Pontevedra acolleu o acto de entrega dos NIF ás dez cooperativas dos oito institutos da provincia seleccionados para participar na actual edición de DepoEmprende na ESO, na que participan máis dun cento de estudantes de oito concellos. Na presentación dos proxectos, o alumnado participante recibiu o saúdo en vídeo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, no que puxo en valor a cultura emprendedora e destacou a calidade dos traballos. "Cada ano os proxectos son mellores, agradezo o enorme esforzo que estades facendo e a ilusión que estades poñendo. Sen dúbida —afirmou— imos quedar en moi boas mans no futuro inmediato", dixo Silva, quen tamén mencionou o importante labor do profesorado.

O deputado Carlos López Font subliñou que o obxectivo do programa é afondar no emprendemento. "Nunha sociedade tan cambiante como a actual, a cultura emprendedora debería estar nos plans oficiais educativos, como xa ocorre noutros países", salientou. Deste xeito, a Deputación pretende "impulsar a parte práctica para que vós sexades as e os protagonistas á hora de desenvolver proxectos" e promover o "gran talento" que hai na provincia. Tamén se refiriu aos docentes, a "alma máter da formación das mozas e mozos", que forman parte da "revolución que se pretende apoiando ao emprendemento".

Á hora de recoller os NIF, os representantes das dez cooperativas fixeron unha breve presentación dos seus proxectos, algúns mesmo con cancións e performances.

JAVI 2ª DEPUTACION: A deputada de Emprego, Raquel Giráldez, e o deputado de Economía e Facenda, Carlos López Font, fan entrega dos NIF das cooperativas constituídas polo alumnado que está a participar no programa “DepoEmprende na ESO”. Salón de Plenos. Pazo provincial. Hai varios coles e ies de Pontevedra. O interesante era facerlles foto a algún dos grupos estes.O IES Illa de Ons de Bueu presentou a cooperativa Segredos de Ons e o IES a Paralaia de Moaña Mercalaia; o alumnado do IES de Rodeira de Cangas participa con dúas: Costamar e Chocoletes; o IES Luis Seoane de Pontevedra leva a cabo tamén dúas cooperativas, Galiaé e Pontecop; o IES Illa de San Simón de Redondela presentou Choquilla; o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui explicou a cooperativa Pontesur; o Instituto Manuel García Ramos da Estrada presentou Ecoae; e, por último, o alumnado do IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar participa con Futuronio.

Nas cooperativas destacan valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a non discriminación e, ademais, o alumnado subliñou que parte dos beneficios recadados cos seus proxectos serán doados a diferentes ONG, como Bicos de papel ou a AECC (dedicadas a pacientes oncolóxicos), Mujeres en Igualdad, a asociación de saúde mental Avelaíña ou a asociación Palleirásn.

As cooperativas xa teñen imaxe e logotipo e agora terán que facer un estudo de mercado, procurar proveedores, buscar financiación, deseñar o catálogo e os produtos, fixar os prezos e as canles de distribución, encargarse da publicidade, a preparación da venda, o marketing e o mercado final.

Algunhas céntranse no sector alimentario e outras no cosmético, por exemplo, pero todas destacan a aposta por colaborar con empresas do ámbito local.

Comentarios