Swing, tango, boleros e radio para retroceder ata os anos 20

A festa Ponte Coqueta devolveu á Praza da Peregrina de Pontevedra ao pasado na súa terceira edición, adicada ao papel que desempeñaron as mulleres nos primeiros anos da radiodifusión

A festa Ponte Coqueta devolve a cidade aos anos 20. RAFA FARIÑA
photo_camera A festa Ponte Coqueta devolve a cidade aos anos 20. RAFA FARIÑA

Tocaba bailar swing, fumar en pipa, decorar o cabelo con plumas, poñer vestidos de flecos e colares de perlas. Pontevedra volvía o sábado aos anos 1920 e a cidadanía respondeu. Ao longo de todo o día numerosas persoas pasaron pola Praza da Peregrina para gozar da terceira edición de Ponte Coqueta, a festa que retrocede no tempo case un século para revivir os anos máis tolos da historia recente.

A festa foi trasladada esta mesa semana á dita praza por decisión do Concello debido á cantidade de eventos deportivos que confluían o sábado na cidade tras dous anos celebrándose na Praza de Curros Enríquez.

Un dos momentos vividos la festa Ponte Coqueta. RAFA FARIÑAA festa comezou ás 12.00 horas coa inauguración da feira de mercados de ultramar e varias exhibicións de bailes como swing, lindy hop e ritmos latinos. Ademais, houbo unha sesión vermú a cargo do grupo de tangos Carlos Meléndez. Así, soaron boleros, milongas e tangos clásicos como Piensa en mí.

Durante a tarde houbo obradoiros para os máis pequenos centrados no tema que este ano protagoniza a festa: o papel das mulleres nos primeiros anos da radio. Os pequenos aprenderon a contar historias a través do micrófono. Tamén pola tarde, houbo un obradoiro de bailes latinos e, xa á noitiña, os grupos Dixie Kings e Sonboleros ofreceron dous concertos.

OUTRAS ACTIVIDADES. Pero as citas de Ponte Coqueta non se reduciron aos eventos do sábado. Durante toda a semana houbo encontros para todas as idades arredor da radio, a música e o baile. Dende o luns e ata o domingo, por exemplo, hai unha exposición de radios antigas na Casa da Luz.

Ademais, o luns houbo unha conferencia sobre a historia da radio na Boa Vila e o xoves e máis o venres tiveron lugar varios encontros nos que os asistentes aprenderon a emitir en directo na radio e mesmo se realizou un programa dende a Praza de Curros Enríquez. Os apaixoados do baile puideron asistir a clases de balde e de diferentes ritmos na Casa Azul durante toda a semana.

Comentarios