A tala de tres plátanos enfermos na avenida de Bos Aires obriga a cortes puntuais do tráfico

O Concello continúa coa poda das árbores urbanas en Cruz Gallástegui, Branco Porto, Oliva, García Camba, etc.
Poda de árboles en Cruz Gallástegui. DP
photo_camera Poda de árboles en Cruz Gallástegui. DP

A Concellería de Servizos Urbanos continúa co plan de poda das árbores urbanas que nos últimos días centráronse en Cruz Gallástegui, Branco Porto, Oliva, García Camba, etc.

Tamén se iniciou a tala de tres plátanos situados na avenida de Bos Aires, que continuarán a vindeira semana e que conlevará a supresión do aparcadoiro luns e martes e ao peche puntual dun carril de circulación.

Comentarios