Talleres, desfiles e unha morea de actividades máis prepara Mundonen@s para esta fin de semana

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle desde este venres varias propostas para o ocio da  rapazada

Unha imaxe da feira. FACEBOOK SALÓN DAS FAMILIAS MUNDONEN@S
photo_camera Unha imaxe da feira. FACEBOOK SALÓN DAS FAMILIAS MUNDONEN@S

A rapazada pontevedresa poderá gozar esta fin de semana de toda a variedade de actividades que ten preparada esta nova edición do Salón das Familias Mundonen@s.

Trátase dunha exposición feiral pensada para que os nenos e as nenas, ata os 16 anos, gocen do seu tempo de lecer. Os expositores e a axenda de actividades son os dous piares nos que se asenta este evento que acollerá o Recinto Feiral de Pontevedra desde este vernes ao domingo.

Talleres infantís, contacontos, festa musical familiar, concursos e sorteos, xogos, desfiles de moda son algunas das propostar de Mundonen@s.

Por outra banda, as persoas que se acheguen ao evento atoparán varios postos de alimentación e nutrición, diferentes propostas de centros de ensino, clases extraescolares, mobiliario para os máis pequenos da casa e incluso de fotografía ou hostelería. Un xeito de que coñezan os productos máis innovadores do mercado e poidan ser asesorados polos mellores profesionais do sector e beneficiarse con descontos.

A entrada terá un prezo de 2 euros por persoa e horario de Mundonen@s será o venres de 16.30 a 20.30 horas e sábado e domingo de 11.00 a 20.30 horas. Para coñecer todos os datos desta divertida cita podes consultar a web www.mundonenos.es

Comentarios