jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

As Tanxugueiras pecharán a súa xira co espectáculo central de Culturgal

As Tanxugueiras nunha foto promocional. ROCÍO CIBES
As Tanxugueiras nunha foto promocional. ROCÍO CIBES
O concerto terá lugar o domingo 28 de novembro

O espectáculo central da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, correrá este ano a cargo das Tanxugueiras. Así o veñen de comunicar tanto a feira como o propio grupo.

O concerto terá lugar o domingo 28 de novembro (18.00 horas) no Pazo da Cultura de Pontevedra. As entradas sairán á venda o luns 18 de outubro a través da plataforma enterticket.es.

Con este espectáculo, no que se anuncia a presenza de convidadas especiais, Tanxugueiras pon fin á xira de Contrapunto, o seu segundo disco, publicado en 2019, ao que posteriormente sumaron tres novos temas: un en 2020, Telo, e outros dous este mesmo ano, Midas e Figa. As pandereteiras ultiman agora mesmo o que será o seu terceiro disco.

Fano convertidas nun referente da música galega contemporánea. A 14ª Culturgal celebrarase en Pontevedra entre o 26 e o 28 de novembro. Tanxugueiras (que son Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro) xa participaran en 2019 na feira cun showcase e unha sinatura de discos.

As Tanxugueiras pecharán a súa xira co espectáculo central de...
Comentarios
ç