jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

As tarifas dos taxis de Pontevedra subirán un 2,5%

Grupo de taxis parados nunha rúa de Pontevedra. RAFA AFIÑA (ARQUIVO).
Grupo de taxis parados nunha rúa de Pontevedra. RAFA AFIÑA (ARQUIVO).
A medida será aprobada no pleno municipal do vindeiro luns

A Comisión de Réxime Interior, Participación, Persoal e Xustiza do Concello de Pontevedra ditaminou favorablemente este mércores a revisión das tarifas de taxi para o ano 2021 cunha suba dun 2,5% para o quilómetro percorrido, a hora de espera e o traslado de vultos e mascotas, tanto na tarifa 1 (diúrna) como na tarifa 2 (nocturna).

Seguindo este criterio, as distintas modalidades de cobro quedan do seguinte xeito:
• Tarifa 1
-Baixada de bandeira: 1,90 euros (sen subida)
-Quilómetro percorrido: 1,08 euros (coa suba do 2,5%)
-Hora de espera: 19,73 euros (coa suba do 2,5%)
• Tarifa 2
-Baixada de bandeira: 2,12 euros (sen subida)
-Quilómetro percorrido: 1,43 euros (coa suba do 2,5%)
-Hora de espera: 21,97 euros (co suba do 2,5%)
• Suplementos:
-Vultos (maletas, baúles) mascotas: 0,55 euros (coa subida do 2,5%)

A tarifa 2 será de aplicación durante o horario nocturno que comezará ás 22.00 horas e remata ás 06.00 horas. Esta tarifa tamén será de aplicación os días festivos e as fins de semana que comezarán o sábado ás 15.00 horas e finalizará o luns ás 06.00 horas.

Este acordo será elevado ao pleno municipal do luns, 19 de outubro.

As tarifas dos taxis de Pontevedra subirán un 2,5%
Comentarios