Teresa Portela leva 20 anos na élite do piragüismo e conta cun amplo palmarés que consta de 15 medallas mundiais e 17 europeas, faltándolle só o metal olímpico, que espera conseguir en nesta edición.
Antes de partir cara terras asiáticas a piragüista foi recibida este venres polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, e polo tenente alcalde Tino Fernández que lle desexaron, en nome do Concello e da veciñanza da cidade, toda a sorte do mundo.
Así mesmo, durante o recibimento Portela asinou un convenio de colaboración e promoción da cidade de Pontevedra polo cal representará á Boa Vila de xeito directo xunto co resto de deportistas da zoa que acoden á cita olímpica.