Teresa Portela pon rumbo á cita Olímpica por sexta vez

A deportista, que leva 20 anos na élite do piragüismo, foi recibida este venres polo alcalde e o tenente acalde antes de partir para Xapón 
photo_camera Imaxe de Teresa Portela na recepción xunto a Miguel Anxo Fernández Lores e Tino Fernández. CEDIDA

Teresa Portela leva 20 anos na élite do piragüismo e conta cun amplo palmarés que consta de 15 medallas mundiais e 17 europeas, faltándolle só o metal olímpico, que espera conseguir en nesta edición. 

Antes de partir cara terras asiáticas a piragüista foi recibida este venres polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, e polo tenente alcalde Tino Fernández que lle desexaron, en nome do Concello e da veciñanza da cidade, toda a sorte do mundo. 

Así mesmo, durante o recibimento Portela asinou un convenio de colaboración e promoción da cidade de Pontevedra polo cal representará á Boa Vila de xeito directo xunto co resto de deportistas da zoa que acoden á cita olímpica.