domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

A tiktoker María Rúa suma un vídeo sobre o mar a 'Memoria das mulleres'

prado rúa
María Rúa. INSTAGRAM
A peza, a ritmo de rap, reivindica figuras como a da vendedora de peixe Josefa García Barcia

María Rúa, que usa o alias @pradorua na rede social Tik Tok, vén de subir un vídeo á plataforma reivindicando o papel das mulleres no ámbito da pesca e do mar. Trátase dunha peza promovida polo programa municipal "A memoria das mulleres", dentro dunha campaña que se puxo en marcha este ano para tratar de divulgar entre a xente moza a importancia da recuperación histórica e social de figuras femininas. María Rúa é unha das colaboradoras da iniciativa.

@pradorua

O mar tamén é traballo de mulleres #AMemoriaDasMulleres #DoGrisAoVioleta #ConcellodePontevedra Canción: “Fastío” do Rabelo x ST x Petrowski

♬ sonido original - Maria Rua Rodriguez

"O traballo no mar non é para as mulleres" é o enunciado que parte o último vídeo da tiktoker para, a continuación, desmentilo: "Que non é que?". "Con banda sonora a golpe de rap, o resto do vídeo serve de espello da realidade histórica que foi acontecendo, con exemplos de diversas mulleres que atoparon no mar o seu sustento e o seu modelo de vida", explica o Concello de Pontevedra nunha nota.

Redeiras. Entre os exemplos de mulleres que usa Rúa está Josefa García Barcia, vendedora de peixe, ou as redeiras, atadeiras e 'chaboleiras' "que aínda hoxe continúan exercendo o seu labor nas rías e portos galegos".

O proxecto da Concellería de Memoria Histórica xa difundiu sete vídeos deste mesmo tipo coa colaboración das tiktokers galegas Laura Franco, Leti da Taberna e da citada María Rúa. A peza estreada agora é a penúltima das programadas. Queda un derradeiro vídeo por ver a luz, que se subirá á rede social nas próximas semanas.

O concelleiro Xaquín Moreda presentou, o pasado mes de abril, esta iniciativa municipal que quere difundir entre a mocidade o traballo de 'A memoria das mulleres' "utilizando as plataformas e recursos propios da xente nova".

O primeiro vídeo da serie, realizado por Laura Franco, estaba dedicado á figura de Virxinia Pereira, á que o Concello de Pontevedra lle acaba de dedicar unha rúa. Precisamente, a feminización dos nomes do rueiro de Pontevedra foi outro dos temas que se trataron nesta campaña en Tik Tok, na que tamén se falou da represión franquista ou da defensa da ría.

A tiktoker María Rúa suma un vídeo sobre o mar a 'Memoria das...
Comentarios
ç