'Tiktokers' galegas publican vídeos explicando a "loita veciñal" contra Ence

Esta peza enmárcase na filosofía de promover a difusión da loita antifascista e da traxectoria das mulleres pontevedresas entre o público máis novo
Laura Franco. INSTAGRAM
photo_camera Laura Franco. INSTAGRAM

"Vaslle dicir ti ás mulleres de Pontevedra cando teñen que protestar?". Esta é a pregunta que a tiktoker Laura Franco (@laurafranco111) apunta no seu novo vídeo do programa A memoria das mulleres, para explicar a loita veciñal contra Ence e, nomeadamente, as protestas das mulleres de Ponte Sampaio, Arcade e Paredes contra a draga da ría.

Coa súa retranca habitual, Franco revisita o que denomina o drama da draga e conta a historia dun grupo de mulleres que nos anos 60 "se xuntaron para loitar polo sustento das súas parroquias e da ría e que querían botar dalí a aqueles homes que extraían area do fondo para utilizala na construción".

@laurafranco111

Oli neniiiiis! Qué opinades desto? 😱❤️

♬ sonido original - Laura Franco

A tiktoker pon o énfase na intelixencia daquelas mulleres que conseguiron embarrancar as barcas da draga tirándolle pedras e que se protexeron das forzas de seguridade extendendo unha bandeira de España no solo como barreira, posto que os axentes tiñan prohibido pisala e atravesala. "A guerra durou só un día e gañaron elas", afirma rotunda Laura Franco, quen ademais apostilla que "todos temos pelexar polo noso e agora esta xente está pelexendo en contra de Ence e que como non se solucione aínda imos ter que contactar coa xente daquela e que veñan as mulleres da loita da draga facer algo aquí".

Esta peza enmárcase na filosofía de promover a difusión da loita antifascista e da traxectoria das mulleres pontevedresas entre o público máis novo, iniciativa enmarcadano programa A memoria das mulleres que desenvolve a Concellaría de Memoria Histórica, que xestiona Xaquín Moreda, e na que participan tres coñecidas tiktokers galegas, Laura Franco (@laurafranco111), Leti da Taberna (@letidataberna_) e María Rúa (@pradorua). Ata final de ano publicarán un total de 8 vídeos nas súas contas de Tik Tok

Comentarios