Pontevedra

"Tiñan orde de rebentar o pregón e rebentaron o pregón"

A concelleira de Festas, Carme da Silva, responsabiliza directamenta e Ence polos incidentes ocorridos este sábado durante lectura do pregón e denuncia "a violencia empregada polos manifestantes". Tamén informou de que un músico sufriu unha lesión nun oído, a causa dun petardo, que se está evaluando. "É unha falta absoluta de respecto á sociedade pontevedresa", engadiu.

 "As Festas da Peregrina nada teñen que ver coa situación legal de Ence", dixo tamén a edil, que lamentou que os manifestantes quixeran "rebentar o pregón: tiñan orde de rebentar o pregón e rebentaron o pregón".
 

Comentarios