viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Tino Fernández, sobre a polémica polos recintos deportivos: "Son ganas de leria"

Tino Fernández, nunha reunión. DP
Tino Fernández, nunha reunión. DP
O edil de deportes asegura que todos os clubs que elaboren un protocolo axeitado poden permitir a entrada dos pais aos partidos

O tenente de alcalde e concelleiro de deportes, Tino Fernández, saíu este xoves ao paso das queixas dalgúns pais sobre a "imposibilidade" de entrar aos recintos deportivos municipais para seguir a actividade dos seus fillos. 

"Son ganas de leria por parte dalgúns", respondeu o responsable de deportes no Concello de Pontevedra, quen explica que todos os clubs poden autorizar a entrada de público "unha vez presenten o correspondente protocolo" coa única limitación de cumprir cos aforos vixentes establecidos pola Xunta.

O edil do PSOE lembrou que, de feito, os clubs como o Pontevedra CF, a SD Teucro ou o Cisne Balonmán, que contan cos respectivos protocolos, “xa están a permitir o acceso de público desde hai un tempo".

"Agos que o que se lle estea a pedir ao Concello de Pontevedra é que incumpra as leis e faga a vista gorda, cousa que por suposto non vai facer esta institución, esa situación de suposta prohibición de acceso aos campos é absolutamente artificial", incidiu Fernández, quen indicou que os clubs mesmo poderían permitir o acceso a adestramentos. 

"Outra cousa distinta é que haxa clubs que non queiran, que non vexan factible o cumprimento das normas e dos aforos ou que preferirían que fosemos máis laxos coa normativa, pero iso desde logo xa non é culpa do Concello”, apuntou o tenente de alcalde

Tino Fernández, sobre a polémica polos recintos deportivos: "Son...
Comentarios
ç