sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

Tino Fernández destaca a implicación das tendas deportivas na recollida de alimentos da 'Rara, pero San Silvestre'

Tino Fernández, junto a los responsables de Soccerfactory. PSOE DE PONTEVEDRA
Tino Fernández, este martes na tenda Soccerfactory. PSOE DE PONTEVEDRA
Tino Fernández visitou este martes o establecemento Soccerfactory, cuxos responsables achegarán o dobre de productos que recollan dos participantes na proba

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, achegouse na mañá deste martes ata o establecemento Soccerfactory, situado na rúa Cobián Roffignac, e que participa na campaña de recollida de produtos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Pontevedra impulsada pola Rara, pero San Silvestre.

Tino Fernández, junto a los responsables de Soccerfactory. PSOE DE PONTEVEDRA

O edil socialista lembrou que os participantes inscritos na clásica atlética poden retirar a súa correspondente camiseta nos negocios adheridos á iniciativa solidaria, "trocandoa por un quilogramo de artigos non perecedoiros" e destacou "a especial implicación dos responsables de Soccerfactory, que decidiron achegar o dobre dos alimentos que recollan". 

Esta campaña foi posta en marcha a pasada semana e nela participan, ademais de Soccerfactory, Naturcamiñ@ (situada na praza Peregrina, 3), Miler (rúa Peregrina, 6), Atmósfera Sport Pontevedra (rúa Cruz Gallástegui, 10), Chico's Sport (Galerías Oliva, 14), Aquadance (rúa Fray Juan de Navarrete, 11), Chema Sport (rúa Benito Corbal, 14), El Puerto Bike Work Shop (rúa Domingo de Andrade, 1), Goleada (rúa Fernando Olmedo, 4) e Txustta (rúa Peregrina, 66).

Co obxectivo de "obrigar aos usuarios a que visiten outros establecementos diferentes dos seus de confianza" e coñezan os seus artigos, o Servizo Municipal de Deportes decidiu repartir as camisetas por tallas, de xeito que en cada tenda pódense atopar esencialmente elásticas dunha talla determinada. Para recibir a prenda é necesario dicir o nome e a dirección de correo electrónico co a que o participante se inscribiu na proba atlética, ademais de entregar o quilogramo de alimento non perecedoiro e, a data límite para depositar as achegas solidarias e recoller o material de agasallo será o mércores 30 de xuño.

Tino Fernández destaca a implicación das tendas deportivas na...
Comentarios
ç