martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Unha persoa tira por accidente unha peza heráldica das Ruínas de San Domingos

A peza que caeu nas Ruínas de San Domingos preparada para o seu traslado. GONZALO GARCÍA
A peza que caeu nas Ruínas de San Domingos preparada para o seu traslado. GONZALO GARCÍA
O conxunto arquitectónico, que pertence ao Museo de Pontevedra, permanecerá pechado ao público ata marzo do ano que vén
Unha persoa que trataba de situarse para unha fotografía, o pasado venres (22 de outubro), tirou por accidente unha peza heráldica das Ruínas de San Domingos. Segundo confirma a Deputación Provincial, a obra é unha das que está colocada contra a parede do Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) Valle-Inclán e, tras unha primeira análise por parte dos técnicos, non sufriu desperfectos. A Deputación agarda poder efectuar agora unha traslado da peza para estudar con detemento se lle afectou o golpe.

Da mesma maneira, o organismo provincial tamén confirma o peche das Ruínas de San Domingos ao público, algo que xa tiña previsto facer a mediados do mes de outubro pero que finalmente se pospuxo unha semana debido á alta demanda de público.

REVISIÓN. O conxunto arquitectónico, que está integrado no Museo de Pontevedra, estará pechado ata marzo do ano que vén. Neste tempo, entre outras cousas, realizarase unha revisión da situación das pezas que se expoñen dentro do recinto para, se é necesario, reforzar a súa seguridade.

Edificio máis antigo de todos os que conforman o Museo da cidade, as Ruínas de San Domingos, restos do convento do século XIV, son o seu espazo máis visitado. A súa reapertura ao público (estiveron pechadas entre 2013 e 2016 e tamén entre 2019 e 2020) condiciona en grande medida o seu balance de visitas. Este verán encadenáronse varios récords neste sentido. En agosto, o Museo recibiu no conxunto das súas instalacións 41.869 persoas, cun mínimo de 1.200 persoas diarias. En setembro, de novo, obtivo a mellor cifra dese mes na última década: 20.162 visitantes.

Unha persoa tira por accidente unha peza heráldica das Ruínas de...
Comentarios
ç