Os traballadores do Museo opóñense ao organismo autónomo e á transferencia

Delegados sindicais de UGT reclaman información directa por parte da Deputación en atención a un persoal "instalado na incertidume"

Delegados sindicais do museo, este luns no local de UGT. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Delegados sindicais do museo, este luns no local de UGT. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os traballadores do Museo de Pontevedra non están de acordo nin con que a institución volva ter a consideración de organismo autónomo, aspecto no que traballa a Deputación, nin coa posibilidade de que se transfira á Xunta de Galicia, como se especulou nos últimos días dende os gobernos provincial e autonómico.

Delegados sindicais de UGT informaron este luns de que o pasado 14 de marzo se celebrara unha asemblea de traballadores á que asistiran 41 persoas das 56 que están contratadas como persoal laboral (a maiores, no centro hai cinco funcionarios e cinco bolseiros). Nela fora que mostraran a súa disconformidade con calquera actuación sobre a institución.

►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste martes◄

Comentarios