viernes. 23.10.2020 |
El tiempo
viernes. 23.10.2020
El tiempo

O tráfico da AP-9 descendeu á quinta parte este domingo coas medidas do Goberno

Os luminosos da autoestrada lembran a recomendación de non viaxar se non é imprescindible. MIGUEL RIOPA
Os luminosos da autoestrada lembran a recomendación de non viaxar se non é imprescindible. MIGUEL RIOPA
Autopistas del Atlántico mantén ao 100% da plantilla para garantir a fluidez ▶ recomenda o pagamento telemático para previr contaxios

Se o transporte está a ser unha das seccións da vida diaria máis afectadas polo estado de emergencia que está a vivir o país, a autoestrada do Atlántico é un fiel reflexo de como está a menguar o tránsito de vehículos nestas datas inéditas.

Segundo confirmaron este domingo fontes da concesionaria da AP-9, os 219,6 kilómetros da autoestrada, desde Tui a Ferrol viron reducido o pasado domingo o seu tráfico á quinta parte, no primeiro día de aplicación das medidas do Goberno de España contra o contaxio do coronavirus. A AP-9 rexistrou 3.743 vehículos de intensidade media diaria (IMD) o 15 de marzo, fronte aos 18.374 vehículos de media no que vai de 2020. A redución con respecto á mesma data de 2019 foi dun 73,24%.

A redución do tráfico está a ser semellante nas autoestradas Puxeiros-Baiona (AG-57) e A Coruña-Carballo (AG-55), de titularidade autonómica e tamén xestionadas polo grupo Itínere en Galicia. A AG-57 rexistrou este domingo 1.310 vehículos (IMD), cinco veces menos que a súa media anual de 6.556 vehículos e un 73% menos que o mesmo día do ano anterior. A AG-55 rexistrou 2.763 vehículos, 4,5 veces menos que a súa media anual (12.571 de IMD) e un 70,42% menos que na mesma data de 2019.

Un total de 250 profesionais manteñen a AP-9 Autopistas del Atlántico mantén dende o venres 13 de marzo todos os sistemas de pagamento automático e recomenda a todos os condutores que realicen o abono por medios telemáticos (telepeaxe ou tarxeta bancaria) para evitar o contacto co diñeiro en efectivo e previr os contaxios.

A empresa concesionaria vén de retirar, por prevención, todo o persoal das cabinas de cobro, establece as vías automática e dinámica como formas de pagamento preferente nas peaxes e mantén a presenza de persoal de apoio para asistir aos condutores no caso de necesitalo. Audasa tamén vén de reforzar os servizos de atención ao cliente, atención a incidencias e desinfección dos dispositivos de pagamento de contacto manual para os clientes, servizos para os que conta con 250 profesionais.

O goberno está a programar novas medidas de control do tránsito das persoas e tamén das mercancías. A intención é garantir a posibilidade de acceso aos traballos das persoas e tamén a súa chegada ata os puntos nos que se poden mercar alimentos ou medicamentos. Sen embargo, o propio Executivo central xa deixou claro que a prioridade nestas circunstancias está a ser o garantemento dos abastecementos dos sectores sanitario e alimentario, ademáis do enerxético, co que, se fose preciso, adoptarían medidas aínda mais restrictivas para os particulares nos vindieros días.

O tráfico da AP-9 descendeu á quinta parte este domingo coas...
Comentarios