Tráfico súmase á Policía Local nos controis de alcohol e drogas esta fin de semana

Os operativos efectuaranse ao longo do día e a noite en diversos puntos da cidade, especialmente nas estradas de entrada e saída
photo_camera Uno de los últimos controles de alcoholemia efectuados por agentes municipales en el centro. MB

A colaboración suscrita entre o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra e Policía Local chega a unha nova fase esta fin de semana, cando se realizarán distintos controis de alcohol e drogas conxuntamente, especialmente nas entradas e saídas da cidade.

Ambos corpos lembran que a condución baixo os efectos de alcohol ou drogas segue constituíndo un grave problemas na seguranza viaria.

De feito, só ao longo do ano 2019, na cidade de Pontevedra producíronse trece accidentes nos que os implicados deron resultado positivo de alcol ou drogas, todas elas con resultado de feridos.

Ao longo destes días, tanto a Garda Civil como distintas policías locais, entre elas, a de Pontevedra, levaron a cabo distintos controis de alcoholemias, tanto en vías urbanas como interurbanas.

Os derradoiros controis de 2019 deixaron un balance de 152 vehículos controlados e tan só un caso positivo: o dun conductor que foi parado na rúa Padre Gaite. Deu 0,48 l/ mg e que foi proposto para unha sanción administrativa.

Estes operativos deixaron algunhas anécdotas, como a protagonizada por un condutor que, sobre as 3 horas, topouse de fronte cun control de alcoholemia desplegado pola Policía Local.

Os axentes sorprendéronse ao velo en bata e zapatillas e o home respondeu que éstaba de sobremesa na súa casa cando se ofreceu para achegar ata o centro ao seu cuñado e a outra persoa. Sen contar con que lle farían soprar.

Os seus peores presaxios cumpríronse cando o aparello marcou 0,40, o que lle supoñerá unha multa de 500 € e a perda de catro puntos. Nesa noite tamén se produxo un accidente en Estribela, cando unha conductora ebria embestíu un coche aparcado.