jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

"Estanse a dar conflitos importantes"

Moitos menores transexuais sofren illamento a nivel psicolóxico nos fogares como consecuencia directa do estado de alarma. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Moitos menores transexuais sofren illamento a nivel psicolóxico nos fogares como consecuencia directa do estado de alarma. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Dous mozos transexuais pontevedreses falan, da man da asociación Arelas, sobre a "grave incompresión" á que se enfrontan nos fogares durante o estado de alarma

Ethan Padín e Gabri son dous mozos pontevedreses de 16 anos para os que o confinamento durante o estado de alarma é algo máis que o que pode significar a perda de liberdade para calquera adolescente. Neste caso, hai que falar da ameaza que supón a perda da propia identidade.

No caso de Ethan, a incomprensión familiar nunha idade clave para o propio desenvolvemento, tanto físico como psicolóxico, está a acrecentar a sensación de illamento que supón perder durante semanas o apoio que atopaba na vida social exterior e no instututo. "En casa me dicen que tengo toda la vida por delante, que es una etapa y que estoy mejor con mi género original. La verdad es que me afecta porque no es lo que yo quiero. Creo que estoy un poco desanimado porque no me ven como soy en realidad, solo me ven físicamente", conta o rapaz, coa abraiante madurez que só aportan as situacións límite.

A corentena tamén trouxo consecuencias coma a paralización dos procesos para o cambio de nome ou o inicio dos tratamentos

Ethan confesou esta viaxe cara o autodescubrimento cando tiña 14 anos. "Conté en el instituto cómo me sentía y fue muy difícil porque no me creían, me sentía más encerrado que antes. Lloré mucho y me deprimí bastante. Después de casi dos años vieron que era verdad y empezaron a apoyarme mucho. Los profesores sí son un gran apoyo", conta. Agora, ao verse privado desa liberdade, non pode evitar reflexionar sobre o papel da escola na súa vida. "No es nada raro ni anormal ser trans, por lo que no debería juzgarse a las personas que lo son. También creo que deberían explicarlo en los centros educativos, porque muchos niños y adolescentes puede que no lo sepan porque nadie les habló nunca del tema. Creo que si me lo hubieran explicado antes ahora ya sería diferente y no me hubiera sentido ni aislado ni deprimido. Y para mí eso supuso un problema, sentía que estaba solo".

A pesar dalgún que outro conflicto no fogar, Ethan mira o futuro con optimismo, amparado na súa mellor amiga, Ángela, o seu principal apoio telemático durante o confinamento. "Ella siempre estuvo ahí y me apoyó desde el principio, y en estos momentos sigue siendo mi apoyo, aunque tenga que ser a distancia". Pero aínda lle falta outro apoio, o fundamental. "Lo que más me ayudaría sería que mi madre aceptara que me quiero hormonar ahora que ya tengo la edad, y le dije varias veces que no me siento a gusto con mi cuerpo. Los jóvenes y las jóvenes que están en mi situación deberían poder contarlo sin miedo a lo que pueda pasar, y que sus familias acepten que es normal y no una vergüenza", di.

TRANSICIÓN. No caso de Gabri, o confinamento está a impedirlle acadar un soño xa iniciado. "Para min e para moitos rapaces e rapazas na miña situación, a paralización dos servizos supuxo tamén a paralización da nosa transición. Eu esperaba poder iniciar o meu tratamento hormonal, para o cal levo bastante agardando, e debido a estas medidas terei que continuar á espera". Precisamente, esa espera está sendo o máis duro para el. "Fai bastante tempo que quero empezar coa transición médica e sempre se me presentaban impedimentos. Pensaba que podería iniciala dunha vez por todas, pero parece que para esta tampouco vai ser. Para algúns de nós esta parte do proceso é moi importante para sentirnos mellor con nós mesmos", aclara.

No seu caso, acadar o apoio no fogar foi algo fundamental. "Estou moi agradecido de poder dicir que, a día de hoxe, véxome apoiado por toda a miña familia, aínda que nun inicio non foi así. Cando o contei, a maioría reaccionou de xeito positivo, pero houbo a quen lle custou un pouco máis. Tiven que escoitar os clásicos comentarios de ao mellor é só unha fase, agarda uns meses que quizais cambies de opinión ou seguro que isto é por culpa dos teus amigos e da xente que segues nas redes. Estante a influenciar. Pero sei que son un afortunado. Non quero nin imaxinar o que o confinamento debe de estar supoñendo para as persoas trans que non son aceptadas no seu fogar" di, sen saber que moi preto del ten a Ethan.

TER VOZ. A Asociación de Familias de Menores Transexuais (Arelas) está a xogar un papel fundamental durante o confinamento destes dous rapaces, e tamén doutros moitos en toda a provincia e a comunidade. "Estes menores non teñen voz", di Cristina Palacios, presidenta e fundadora da asociación. "Moitos deles piden axuda e outros sofren en silencio. Síntome moi impotente ante o que estén a pasar estas semanas. En moitos casos estanse a dar conflitos moi importantes, chegando a situacións de malos tratos. É moi difícil convivir cunha familia que non te respeta. Hai menores aos que no seu instituto chamábanos polo seu nome, e agora están vivindo un retroceso".

O estado de alarma tamén trouxo consigo a paralización de trámites burocráticos. "Este ano moitos comezaban o instituto e querían ir xa co cambio de nome feito, e non van poder. Moitos outros, de entre 15 e 16 anos non están tendo citas para os tratamentos", salienta Cristina, que atende a moitos deles a través do teléfono para valerlles de axuda psicolóxica nun momento no que están a ser máis vulnerables que nunca. "Esta é unha consecuencia do virus que non se está visibilizando", asegura.

Campaña. "Queremos que sexan libres na casa"
Hai uns días que a Asociación de Familias de Menores Transexuais (Arelas), ante as peticións de socorro de varios mozos e mozas transexuais que están a sufrir as consecuencias dun confinamento nunha situación de vulnerabilidade, lanzou a campaña #libresencasa a través das redes sociais.

A través do lanzamento da campaña, a asociación denuncia comportamentos intolerantes e frases irrespetuosas coma "non eres unha muller" ou "non eres un home" ou "nunca te tratarei en masculino/feminino", así como insultos a condición sexual que moitas persoas teñen que sufrir a diario, e mostra comprensión sobre a situación de illamento dos mozos e mozas transexuais nestes momentos. Así, chama ao apoio de todas as persoas para "animar a estes menores LGTBI que están sen o cariño e o apoio dun familiar". Neste sentido, a asociación pide que quen o desexe envíe a través das redes sociais ou ao correo [email protected] gmail.com mensaxes "cargados de positidade" para que os menores conten co apoio de outras persoas aínda que non poidan saír á rúa. "Dalgún xeito poden ser libres na casa a través do noso recoñecemento".

A asociación tamén pide compartir vivencias en primeira persoa sobre o que supón "estar nesta situación", nas que se pode elixir dar ou non algún dato de identificación. Deste xeito, durante os últimos días, o perfil de Arelas nas redes sociais publicou varias destas mensaxes ou vivencias coa finalidade de difundilas e facelas chegar "a quen máis o precisa nestes momentos". A intención é moi nobre e sinxela: levar "positividade e liberdade" a moitos fogares.

"Estanse a dar conflitos importantes"
Comentarios