Tres pontevedresas de éxito reivindican el liderazgo femenino

Diario de Pontevedra reúne á académica Fina Casalderrey, á presidenta da AJE, Lucía Pedroso, e á decana de Belas Artes, Silvia García, para dialogar sobre a paridade real no eido profesional co motivo do Día da Muller
De esquerda a dereita, Lucía Pedroso, Fina Casalderrey e Silvia García
photo_camera De esquerda a dereita, Lucía Pedroso, Fina Casalderrey e Silvia García

Son mulleres e ocupan cargos de responsabilidade. "Eu, por sorte, xa non son unha excepción". Fina Casalderrey fala así do lugar que ocupa na Real Academia Galega, que "contou con mulleres dende o primeiro momento", aínda que non se pode negar que foi unha institución machista.

Fina Casalderrey Escritora e membro da RAG
"Eu non podo erixirme en abandeirada do que lles corresponde máis a outras loitadoras"

Tampouco se considera pioneira a única decana do Campus de Pontevedra, a de Belas Artes, Silvia García, xa que anteriormente houbo outras mulleres que ocuparon ese cargo noutras facultades. "Desafortunadamente, aínda non é habitual que as mulleres ocupen cargos de responsabilidade", sinala. Lucía Pedroso, primeira muller presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), manifesta sentirse afortunada por selo e indica que "estoy convencida de que después de mí vendrán más".

Diario de Pontevedra reuniu este martes a tres mulleres que, en diferentes eidos, chegaron a ocupar un cargo de responsabilidade e a rachar co coñecido teito de cristal, que dificulta que as mulleres accedan a eses postos a pesar de que na actualidade sexan maioría nas universidades. "Hai moitas mulleres que se negan a ocupar estes postos pola maneira na que se exerce o poder. Iso temos que cambialo porque todas entendemos que hai un sacrificio da vida persoal", conta Silvia García. "Hai que mudar moitas cousas; existe o teito de cristal pero, ademais, ás mulleres edúcannos para inhibirnos á hora de tomar a palabra e liderar", engade mentres recorda que a súa filla foi a única rapaza do seu centro que se presentou para ser representante do alumnado como un exemplo desta dinámica.

Lucía Pedroso Presidenta de AJE
"Creo que lo justo es que se dé el mismo valor a un hombre y a una mujer, por lo que la persona vale, sin fiarse únicamente del género"

Para Lucía Pedroso, chegar a ser presidenta da AJE non supuxo ningunha dificultade engadida polo feito de ser muller. "Cada quien se pone sus propias limitaciones sin importar género u oficio. Se debe ser constante y luchar por lo que uno quiere, algo que solo se consigue con mucho trabajo, perseverancia y arriesgando", conta.

Pola súa parte, Fina Casalderrey ten en conta a outras "loitadoras" que "emprenderon unha reivindicación cun manifesto que se chamou ‘O xogo das cadeiras’ (que reivindicaba máis representación feminina na RAG). Eu tan só o apoiei, cando nin soñaba que acabarían propoñéndome pouco despois".

As cotas téñense presentado como un sistema válido para garantir o acceso das mulleres a postos de poder. Porén, para a escritora, mestra e académica son "unha arma de dobre fío, mais, quizais, necesaria para tentar arranxar os agravios seculares". Tampouco a Silvia García lle parece unha solución ideal. "Algunha vez téñenme chamado para ofrecerme un posto por cumprir cun sistema de cotas e, a verdade, non me pareceu nada ben, pareceume un paripé". García vai máis alá, e propón promover que as nenas tomen a palabra para impulsar o seu liderado. "As nenas teñen que tomar a palabra como algo natural; a educación pode adoptar o eslogan de ser inclusiva pero logo, na realidade, non se leva á práctica", conta.

Silvia García Decana de Belas Artes
"Chamáronme para ofrecerme un posto para cumprir as cotas e sentoume moi mal"

"Creo que lo justo es que se dé el mismo valor a un hombre y a una mujer, pero por lo que la persona vale y por lo que puede aportar al puesto y a la empresa sin tener en cuenta el género", explica Lucía Pedroso referíndose á mesma cuestión. Ademais, a presidenta de AJE engade que, na actualidade, hai mulleres ocupando cargos de responsabilidade a nivel político e pon o exemplo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz. Aínda así, "creo que en el mundo de la empresa la igualdad todavía no es una realidad".

"En mi caso, no me cuesta que me escuchen. Debe ser por el carácter fuerte que tengo y porque cuando realizo una propuesta siempre es bajo la visión de viabilidad". Lucía Pedroso asegura non sentirse cuestionada nas reunións de traballo cando fai propostas. Tampouco Fina Casalderrey se sentiu menosprezada no seu traballo . "Dependendo de en que ambientes e profesión, resulta máis ou menos complicado. No mundo que máis coñezo, no ensino universitario, estamos todos e todas máis civilizados", explica a académica.

Outra cuestión que suscita debate é o xeito de exercer o poder. Segundo Silvia García, "confúndese responsabilidade con autoritarismo". Ela quere desfacerse dese parelelismo que relaciona o poder coa masculinidade e deixar lugar para o debate, fomentando o coñecido como liderado feminino. Quero demostrar que se pode exercer o poder doutro xeito".

Son feministas as mulleres con poder no eido das letras, a empresa e a educación? "Lo justo", responde Lucía Pedroso. "Eu penso que todos os homes e mulleres cabais, mentres non se acade esa xusta equidade, non só en ocupar postos de responsabilidade senón en oportunidades para estar formadas para os merecer, mentres na prensa aparezan cada día esas noticias terribles da violencia de xénero, mentres nunha empresa che pregunten se pensas ter fillos, mentres os medios de comunicación continúen comandados por homes na maioría dos casos… todas e todos somos feministas", remata Fina Casalderrey.

Comentarios