O TSXG avala o despido da xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra

O alto tribunal da a razón ao Concello no cesamento de Pilar Portela e, polo tanto, o goberno local non deberá indemnizala con 127.840 euros
Pilar Portela, ex xerente do Pazo da Cultura. DAVID FREIRE
photo_camera Pilar Portela, ex xerente do Pazo da Cultura. DAVID FREIRE

O Concello de Pontevedra non deberá indemnizar, nin tampouco readmitir, a Pilar Portela, ex xerente do Pazo da Cultura. Así o decretou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nunha sentenza que deu a coñecer este luns a portavoz do goberno local, Anabel Gulías.

O alto tribunal revoca a decisión do Xulgado do Social de Pontevedra e estima o recurso presentado polo Concello 

A Sala do Social do TSXG revoca así a sentenza previa do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra e estima o recurso de suplicación presentado polo Concello. Deste xeito, o alto tribunal avala o cesamento de Portela, ao entender que non se tratou dun despedimento improcedente.

Polo tanto, segundo os maxistrados, a administración municipal non debe pagar a indemnización de 127.840 euros fixada con anterioridade polo Xulgado pontevedrés.

O TSXG entende que o cesamento de Portela estaba enmarcado na disolución do organismo autónomo do Pazo 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia entende que o cesamento da xerente estaba enmarcado no proceso de disolución do organismo autonómo do Pazo de Congresos e Exposicións que o Concello levou a cabo en novembro de 2020. Isto débese a que Portela era persoal de Alta Dirección vinculado a esta entidade.

Neste sentido, a voceira do goberno local explicou o luns que o "TSXG deixou claro que os postos de Alta Dirección non son homologables na empresa privada como nas administracións locais, porque estas últimas teñen unha lexislación diferente. Concretamente no caso galego estamos a referirnos a Lei de Función Pública de Galicia, a cal establece que se unha persoa está na listaxe do cadro de persoal ou na RPT como Alta Dirección, é un posto de Alta Dirección, independemente de cales sexan as funcións".

"No cabe duda de que en el contrato especial de Alta Dirección a la empresa le cabe la facultad de ejercer el desistimiento en cuyo caso debería ajustarse a las normas que rigen el mismo", asegúrase no fallo do TSXG.

A ex xerente podería solicitar aínda un recurso de casación

Cabe lembrar que ante esta sentenza do alto tribunal cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ANTECENDENTES. O pasado mes de novembro a Xunta de Goberno Local acordou desistir do contrato laboral de Alta Dirección que tiña Pilar Portela para exercer como xerente do Pazo da Cultura.

Ante esta decisión, Portela acudiu aos tribunais alegando que o seu despedimento debía ser considerado nulo e que, polo tanto, tiña que ser readmitida no seu posto.

Na sentenza, o Xulgado do Social número 3 de Pontevedra deulle a razón a ex xerente e obrigou ao goberno local a indemnizala con 127.840 euros.

Un feito que espertou o malestar de gran parte da cidadanía, así como tamén do Partido Popular. De feito, o grupo da oposición chegou a pedir o cesamento inmediato da concelleira responsable de Persoal e de Cultura, Carmen Fouces.

Lembrando isto, Anabel Gulías insistiu en que a "Xustiza volve a dar a razón ao Concello e volve votar por terra as prediccións apocalípticas do PP de Pontevedra".

Neste eido, a portavoz do goberno local foi moi crítica coa actitude dos populares e lamentou que "sexa máis fácil opinar sen ningún tipo de base e agarrarse a un clavo ardendo, dicindo que as chapuzas do Concello iban a costarlle cartos aos pontevedreses".

Comentarios