sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

TxStockData mellora a súa platataforma para investir en bolsa

undefined
App instalada nun móbil. DP
A empresa con sede en Pontevedra amplía ó foro Reddit a recollida de datos que ata o de agora facía unicamente na rede social Twitter

TxStockData é unha startup do sector financeiro que utiliza as novas tecnoloxías para innovar. A súa plataforma tecnolóxica Senseitrade, especializada en detectar tendencias en bolsa a partir de información obtida de redes sociais e internet, xa leva tres anos con éxito no mercado e continúa en fase de mellora constante.

Ata o de agora a plataforma obtiña información de Twitter pero a compañía integrou Reddit para detectar tendencias no foro que poden impactar na cotización en bolsa. A empresa conta con dúas sedes: ten as súas oficinas técnicas no Parque Tecnolóxico de Galicia —Tecnópole—, en San Cibrao das Viñas (Ourense) e a súa unidade de negocio na cidade de Pontevedra.

Senseitrade é unha aplicación para smartphones que busca achegar o investimento en bolsa a calquera persoa interesada. É unha ferramenta sinxela e fácil de usar, pensada especialmente para os que queiran empezar a investir. Notifica aos seus usuarios sobre os cambios relevantes no mercado e axúdalles a tomar as decisións correctas porque, na actualidade o xornal dos investidores é internet.

A plataforma está especializada na análise de sentimento de mercado e tendencias en bolsa a partir de datos extraídos das redes sociais e internet. O equipo liderado por David Conde deseñou unha tecnoloxía baseada na intelixencia artificial que emprega algoritmos para identificar emocións en textos e mensaxes e usa modelos de machine learning para interpretar as complexas relacións que existen entre os mercados e estas fontes de información alternativa.

Segundo explican os seus promotores, "consegue transformar toda esa información nunha serie de indicadores de sentimento de mercado que dan ao usuario acceso a unha fonte de información facilmente comprensible".

Esta información ofrécea a fondos de investimento para complementar as súas análises na web Sensei Analytics ou aos investidores minoristas en Senseizero, unha aplicación cun modelo de comisións a éxito e que nos vindeiros días lanzarán en colaboración con ABanca.

TxStockData mellora a súa platataforma para investir en bolsa
Comentarios