Case todo listo en Pontevedra para recibir o domingo os Reis Magos

Ata 30 carrozas participarán o domingo na cabalgata 

 

Un dos camellos que participará na cabalgata. CONCELLO DE PONTEVEDRA
photo_camera Un dos camellos que participará na cabalgata. CONCELLO DE PONTEVEDRA

A Concellaría de Festas ultima nestes días todos os detalles para recibir os Reis Magos, o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. As carrozas nas que se subirán as súas Maxestades de Oriente xa están moi avanzadas e a comitiva que acompañará ás súas maxestades, pechada.

A comitiva está formada pola Charanga Airiños de San Martiño, a Escaleira de Bombeiros, o Grupo Cabalería, a Carroza Veneciana, os Soldadiños de Chumbo e as bailarinas,  As de Anxos, Dúos Pontes, a Carroza Baco, A Galiña dos ovos de ouro, o Brinde de alegría, Funky partu, a Carroza de Medusa, O bosque animado, o Grupo folclórico Boa Vila, o Grupo de pastores, os Camelos, os Carboneiros, a Carroza do Rei Melchor, Circuos, o Apalpador e apalpadorciños, as Mascotas, a Vaca, Os ratos chocolateiros, a Carroza do Rei Gaspar, a Raiña de Nadal e Frostys, Os Afoutes do canón de Pau, A luz do Nadal, Olaf, Boneco de neve, a Carroza de Baltasar e Transformers.

Cabe lembrar que as súas maxestades de Oriente chegarán a Pontevedra ás 10.45 horas do domingo 5 de xaneiro para ter a tradicional recepción oficial no Pazo de Mugartegui, onde serán recibidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Ata alí irán en comitiva polas rúas Michelena, Peregrina, paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira e Mugartegui.

A recepción oficial comezará ás 11.00 horas e prolongarase ata ás 15.00 horas.

A saída da Cabalgata será ás 18.00 horas polas rúas José Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España e Alameda.

As súas maxestades repartirán 1.500 quilos de caramelos aptos para celíacos.

Comentarios