Pontevedra vive un cuento de Navidad en danza

O auditorio Afundación acolleu este domingo a representación dun dos clásicos do ballet: 'O Quebranoces', a cargo do Russian Classical Ballet. A entidade vendeu todas as entradas

Un ano máis, o espírito do Nadal volveu a Pontevedra da man de O Quebranoces, un conto máis coñecido pola súa adaptación á danza que é un clásico destas datas. Esta peza conta coa música de Tchaikovsky e libreto adaptado segundo o conto de E.T.A Hoffmann. Neste caso, o libreto foi adaptado por Marius Petipa e Vasili Vainonen.

A trama deste ballet desenvólvese durante a xornada do 25 de decembro, cando unha nena rompe o feitizo que afecta a un príncipe convertido en quebranoces tras enfrontarse a un exército de roedores liderados polo rei dos ratos. Todo acontece despois da comida e o baile de Nadal, no que participa toda a familia. É entón cando Clara -a nena protagonista da historia representada este domingo- percorre mundos de fantasía durante toda a noite compañada polo príncipe, até que seus pais a despertan xa pola mañá.

O público asistente á cita gozou de dúas horas de espectáculo cun ballet en dous actos dirixido por Evgeniya Bespalova

Este é só un resumo do ballet en dous actos que se representou en Afundación e que tivo unha duración de aproximadamente dúas horas. Durante este tempo, os asistentes á cita gozaron da posta en escea e da arte dos bailaríns que compoñen o Russian Classical Ballet. Nos papeles protagonistas actuaron os bailaríns Evgeniya Bespalova, como Clara, e Denis Karakashev, como príncipe Quebranoces.

As entradas para o evento esgotáronse pouco tempo antes de que comezase a representación do ballet, que tivo lugar a partir das 19.00 horas da tarde do domingo no auditorio de Afundación de Pontevedra.

Esta función xa se representou noutras cidades galegas como Vigo, que acolleu o espectáculo de danza o serán do pasado sábado. Tamén alí se esgotaron as entradas para a cita uns días antes de que tuvera lugar a representación do Quebranoces.

A COMPAÑÍA. O Russian Classical Ballet leva en marcha dende 2005 dirixido por Evgeniya Bespalova, a bailarina protagonista da obra representada o domingo en Pontevedra. Conta cun amplo número de bailaríns de recoñecido prestixio que representan pezas de ballet clásico como Giselle, Romeo e Xulieta, A bela durminte ou O lago dos cisnes.

A agrupación de danza, procedente de Moscú, leva percorridos multitude de teatros de todo o mundo amosando o seu ballet, unha arte moi arraigada no seu país de orixe.

Comentarios