Un trago de Tequila e rock

A banda hispanoarxentina Tequila abrirá o ciclo de concertos das Festas da Peregrina 2019 ► A actriz e cantante Ana Belén dará 'Vida' á Praza de España o domingo ás 22.30 horas 
A banda hispanoarxentina Tequila abrirá o ciclo de concertos das Festas da Peregrina 2019. TEQUILA ROCK
photo_camera A banda hispanoarxentina Tequila abrirá o ciclo de concertos das Festas da Peregrina 2019. TEQUILA ROCK

Chega á Cidade do Lérez a Festa da Peregrina 2019 e con ela a música, a animación e o teatro. A Praza de España será o principal escenario no que se desenvolverá a partir do venres a celebración grande da cidade do Lérez.

A banda madrileña Tequila será quen abra o ciclo de concertos xunto coa agrupación pontevedresa Fondo Norte, autora de temas como Los de siempre. O grupo de pop-rock Tequila, nado nos setenta en plena movida madrileña, despedirá a súa carreira cos dous integrantes arxentinos, Ariel Rot e Alejo Stivel, de novo xuntos con motivo da súa xira Adiós Tequila Tour. Na medianoite do sábado celebrarase a apertura das festas coa tirada dos fogos de artificio dende o peirao das Corvaceiras.

Ana Belén é a grande cita musical convocada para o domingo 11 ás 22.30 horas. A cantante e actriz nominada en máis de dúas ocasións ao Grammy Latino tocará ante o público pontevedrés o seu último disco, Vida. Todos os espectáculos da Peregrina son gratuítos.

Comentarios