Os únicos exames presenciais da UVigo serán os de xullo en tres facultades de Pontevedra

O Consello de Goberno adiou a aprobación do plan docente para o vindeiro curso para recoller achegas de centros e membros da oposición
Facultad de Belas Artes. ARCHIVO
photo_camera Facultade de Belas Artes. ARCHIVO

Os únicos exames presenciais da Universidade de Vigo este curso serán 14, de segunda oportunidade ou finais, na convocatoria de xullo. E todos serán no campus de Pontevedra. Foi un dos asuntos aprobados este martes nunha longa sesión do Consello de Goberno que se celebrou de xeito virtual e presencial no Paraninfo e que foi retransmitida en directo por UVigoTV para os membros da comunidade universitaria, tal como informou o Duvi.

A Vicerreitoría de Ordenación Académica recibiu máis de 20 peticións das escolas e facultades de Bioloxía, Dereito, Enfermaría de Pontevedra, Ciencias da Educación e do Deporte, Ciencias Xurídicas e IESIDE, pero unicamente se consideraron xustificadas para proceder a súa aprobación as de Fisioterapia, Forestais e Belas Artes. As razóns: por "ser precisa a realización dos exames presenciais para a adquisición de habilidades manuais", no caso da primeira, "polo baixo numero de estudantes, unha delas con necesidades especiais" na segunda, e "pola obriga de desenvolver prototipos téxtiles" na terceira, explicou o vicerreitor, Manuel Ramos.

Non obstante, o asunto máis trascendental da orde do día, a aprobación das Medidas extraordinarias e urxentes para o desenvolvemento da organización docente do vindeiro curso 2020/2021, terá que agardar, previsiblemente ata a vindeira semana. O documento presentado polo equipo de goberno ao Consello para a súa aprobación, foi finalmente retirado tras un debate no que se acordou que decanos e directores dos centros e os propios integrantes do órgano de goberno poidan realizar as achegas que consideren.

O informe recolle as directrices sobre as modalidades de actividade docente, probas de avaliación, clases prácticas, guías docentes ou plans de formación do profesorado. O documento orixinal pretende planificar a docencia e a avaliación cara ao vindeiro curso, e evitar o sucedido o pasado 14 de marzo cando se paralizou a actividade docente presencial.

O documento contempla que, coa finalidade de garantir a saúde ou seguridade pública, a docencia presencial poderá verse modulada dando lugar a unha modalidade mixta ou substituída por modalidade non presencial. A mixta activaríase por resolución reitoral cando as autoridades sanitarias esixan una distancia nas aulas (d ous metros) de xeito que parte do alumnado (entre un 33-50% dependendo das instrución, número de estudantes no curso e tamaño das aulas) permanecerán na clase e o resto seguirá as clases dun xeito preferentemente síncrono. Neste caso, a Reitoría debería prover unha solución que contemple o uso simultáneo das aulas físicas e virtuais con acceso síncrono.

Campus Integra para a biomodalidade 
O reitor, Manuel Reigosa, reiterou o seu compromiso coa universidade pública despois de que Emilio Fernández, portavoz de Ideas que suman, lle demandase que se postulase contra o plan Doing da Xunta. 

De cara ao vindeiro curso, apuntou, "imos intentar que o maior número de estudantes estean nas aulas, respectando as medidas sanitarias e coa coorganización dos centros". 

A UVigo, apostará, se as condicións sanitarias o permiten, pola docencia bimodal apoiándose no Campus Integra, "un sumatorio da aula real e o xemelgo virtual", que permitirá atender ao alumnado na aula e na casa.

Comentarios