Un universo artístico que suma novidades á tradición galega

A Fieitiña desenvovle catro cursiños de encaixe nos días previos á gran xuntanza que reunirá 1.300 palilleiras no Recinto Feiral

Exposición de cadros de Seoane feitos en encaixe por Ana Liste. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Exposición de cadros de Seoane feitos en encaixe por Ana Liste. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Recinto Feiral de Pontevedra xa está preparado para recibir este domingo a 1.300 palilleiras -tamén hai algún home- que farán música cos seus instrumentos mentres elaboran delicadas pezas de encaixe. Chegarán de toda Galicia e dalgúns puntos de España como Palencia. Trátase do XIV Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra, organizdo pola asociación A Fieitiña.

Pero mentres chega o día grande, o Recinto acolle onte e hoxe outras dúas actividades. Unha, catro cursiños formativos e outra, a exposición con 18 cadros de Luís Seoane feitos en encaixe pola palilleira Ana Rosa Liste, que onte ensinaba a varias alumnas a facer encaixe artístico, concretamente lapis ao picado. É a mesma técnica coa que "pintou" os cadros. "Hacemos un dibujo y lo pasamos a puntos de encaje, líneas de expresión para después pintar unos fondos de acuarela y se pone el encaje encima". Conta que lle levou tres anos rematar estas obras, que reproduce os cadros orixinais con fíos da mesma cor. "Podemos plasmar la puntilla en arte".

Arzhela le Maitre imparte o cursiño de guipur policromado, pouco coñecido en España, aínda que en Galicia "si son habituales las hojas de guipur", apunta. A uns metros, Ana Montesinos ensina a elaborar encaixe contemporáneo. "Este encaje no tiene un patrón definido y utiliza colores, que tradicionalmente no se utilizaban en Galicia, donde son más tradicionales el blanco y el negro". A especialista subliña que "a la gente le gusta aprender algo nuevo" e que estas técnicas abren novas posibilidades para incluir o encaixe "en ropa, pendientes, ropa y aplicaciones que no son las habituales".

Esperanza Marín, presidenta da Fieitiña, ensina a facer un encaixe de Idrija, pouco coñecido en Galicia, e que leva o nome da cidade eslovena onde ela perfeccionou a técnica.

Comentarios