domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

A UVigo confía en poder implantar o Grao en Deseño no campus no vindeiro curso 2021/2022

O reitor da UVigo, Manuel Reigosa. DP
O reitor da UVigo, Manuel Reigosa. DP

O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, explicou no Consello do Campus de Pontevedra a súa confianza en que os trámites pendentes para a implantación do Grao en Deseño na cidade cheguen a tempo para que o alumnado se poida matricular no curso 2021/2022.

Así, Manuel Reigosa explicou que se atopa "pendente dun informe externo, de persoas alleas ao Sistema Universitario de Galicia", solicitado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. "Estamos á espera de que chegue ese informe e imos intentar que a Secretaría Xeral de Universidades dea o visto bo, se é posible, a tempo para que poidamos implantalo no curso 2021/2022", salientou Reigosa, que lembrou que, unha vez se conte con ese informe externo, a proposta terá que someterse á súa "avaliación interna, a través da ACSUG". O reitor subliñou que se trata dunha "titulación irrenunciable, que debe estar no campus de Pontevedra", pola que "apostamos e seguiremos apostando". Neste punto, Reigosa lembrou que se trata dun grao "que encaixa perfectamente nas liñas de especialización do Campus Crea, que é seguramente a titulación máis acaída que puideramos pensar para este campus". Ademais, asegurou que "pensamos que vai ter tirón en materia de captación de alumnado" e pode contribuír "a que se establezan sinerxías con outras titulacións", así como a "atraer novo talento investigador" a Pontevedra.

No consello tratáronse tamén temas como o avance nas obras da planta de biomasa dentro do plan de sostibilidade enerxética.

A UVigo confía en poder implantar o Grao en Deseño no campus no...
Comentarios
ç