Uxía Moldes: 'O ioga é unha ferramenta para paliar o estrés da vida occidental'

A través do concello de Pontevedra e de diversas asociacións, Uxía Moldes pon en práctica as aprendizaxes da Escola Internacional de Ioga. Dirixe o centro de ioga Bailalúas, e é fiel a un estilo de vida saudable e á meditación, coa que consegue relaxar a mente e nutrir o corpo

UXIA MOLDES IOGA
photo_camera Uxía Moldes. CEDIDA

A profesora do Centro Bailalúas, Uxía Moldes,reflexiona sobre os beneficios do Hatha Ioga, unha modalidade dirixida a acadar  flexibilidade e fortaleza e, sobre todo, a relaxar o corpo mediante a alienación e a meditación.

Como se explica o boom do ioga nos últimos anos?

O ioga comezou a masificarse en Occidente na década dos 60.O  maestro hindú Swami  Sivananda introduciu, xunto co seu discípulo, a súa doctrina en España. A partir de aí popularizouse ata converterse nunha moda. Eu creo que a xente ve no ioga unha ferramenta para acadar a relaxación que non logra por outras vías e que necesita polo estrés que conleva a vida contemporánea.O significado da palabra ioga é "xugo que une mente e corpo" e representa o obxectivo dos que practican esta disciplina.

Que estilo de ioga triunfa máis?

Cando un famoso ou referente público mostra abertamente que practica ioga, como no caso de Madonna o da Reina Letizia, ese estilo triunfa. Como che dicía, o ioga converteuse nunha especie de moda do primeiro mundo. Hoxe en día existen infinidade de tipos. Con dicir que ata xa se está a practicar unha modalidade que consiste en facer ioga con cerveza... E iso fai que a xente acuda a clases de ioga con ideas totalmente dispares sobre o que trata. Algúns chegan pensando que vai de súar a gota gorda e de adelgazar un montón, aínda que tamén hai que recoñecer que moita xente sabe ao que vén e, precisamente, esas persoas son as que logran aumentar os beneficios do estilo de vida que vai da man do ioga.

"A regulación do sector é verdadeiramente recente, xa que cando eu me formei non había ningunha lei que requerise tal instrución"

Cal é o nivel de vida dun profesional do ioga? A que obstáculos económicos se enfronta?

No meu caso, comecei dando clases en asociacións e en actividades do concello para darme a coñecer e ir formando un grupo para logo crear o centro. Polo xeral cando estás arrancando costa moito ter un grupo suficiente como para impartir as clases.De feito, nesa época menos mal que non tiña fillos porque era moito máis difícil asentarse económicamente a través do ioga, pero agora mesmo a situación do sector permite manter un nivel de vida normal, aínda que varía en función da actividade de cada mes.

Cales son os beneficios desta disciplina de tradición milenaria?

Un deles é estirar o corpo, como cando te desperezas pola mañá, xa que é bo para relaxarse. Co ioga, ademais de lograr flexibilidade, podes chegar a realizar moitas asanas (posturas) para rebaixar a velocidade á que viaxa a mente e equiparala ao ritmo do corpo, a través da concentración. Tamén buscamos a alineación, abrindo a caixa torácica ou relaxando as vísceras, para corrixir a postura diaria, que adoita ser perxudicial a todos os niveis. O que buscamos os amantes do ioga é o equilibrio entre a mente e o corpo.

Está ligado a un estilo de vida saudable?

O ioga implica unha alimentación máis sa. Tampouco se trata de deixar de fumar aos dous días de practicalo, pero é certo que ao levar un tempo facéndoo xa non sintes a necesidade de consumir produtos nocivos. Non é un cambio repentino, pero tampouco supón un sacrificio. Aos ioguis o corpo pídelles unha vida en harmonía coas súas necesidades.

"O ioga comezou a masificarse en Occidente na década dos sesenta ata converterse nunha moda da que participa ata Madonna"

Como percibe a sociedade actual esta disciplina hoxe en día?

Agora o practica bastante xente, a nivel mundial e tamén en Pontevedra. Hai poucos días unha amiga comentoume dende Bos Aires que cada dous pasos atopaba un centro de ioga cheo de xente. Comparo a situación actual coa época dos meus pais e está claro que a mentalidade mudou de xeito brutal. Lembro con certo agarimo que meu pai ía a clases de ioga e os meus avós non se mostraban moi receptivos. Ademais tomárao pola tremenda e mesmo se fixera vexetariano, que nesa época tamén supoñía unha excentricidade. Neses anos chamaba moito a atención porque só había dúas persoas que asistisen ás clases.

Trátase dun sector sen regulación?

Durante moitos anos non había leis que incluisen os requisitos necesarios para a formación do profesorado. Hai uns anos aprobouse un Real Decreto, aínda que a lexislación está a mudar. Cando eu me formei non tiña a obriga de instruirme para dar clases, nada mo impidía,pero para min sería moi difícil dalas sen formación porque non sabería como estruturar os contidos e os exercicios, pero a nivel legal podería telo feito.

Como afectou a masificación desta actividade?

A diferencia é que antes calquera que se quixese formar ía ata onde estaba o maestro, algo moi pouco asequible e por iso está ben que se popularizase, aínda que esa masificación teña certos inconvintes.

Están ligadas a relixión e o ioga?

É certo que a filosofía do ioga garda reminiscencias do hinduísmo. Pero eu non coñezo ningún profesor hinduísta en Occidente. Coñezo moitos ateos, budistas ou católicos que se suman ao ioga, pero a relixión non ten unha relación directa con esta disciplina. Entendo que haxa xente que se sinta máis conectada á súa relixión despois de acadar a paz que che aporta o ioga porque ao final trátase dun camiño espiritual. tque o practico.

Recomendacións

"A calma física a través da correción da postura é un dos efectos máis visibles e evidentes do ioga"
Como se aplica no ámbito do ioga a famosa cita latina "Mens sane in corpore sane"?

Está claro que non só se trata de estar forte ou flexible, trátase de alinear o corpo, a mente e o espírito e conseguir espazo no teu interior. En poucas palabras, un dos resultados máis visibles do ioga é a obtención de certa calma física a través da correción da postura. Unha persoa que ten os hombros ergueitos, por exemplo, ten unha percepción distinta da realidade e reacciona de xeito diferente aos estímulos que unha persoa encorvada. O ioga ten como finalidade o coidado do corpo porque entende que ese é o camiño para acadar unha mente máis equilibrada.

A tradición clásica do ioga critica a tendencia crecente a valorar máis a realización de posturas imposibles que a busca desa paz interior que intentou promover o hinduísmo dende hai milenios. É certo que iso estea a pasar?

Nas grandes cidades como Madrid adoita pasar. A xente quere aproveitar o pouco tempo que ten para relaxarse, pero de xeito case ansioso. Para conectar coa esencia do ioga tes que olvidarte de todas as preocupacións que están a pulular pola mente. Ese é o primeiro paso para a meditación É preciso aprender ben as posturas sen pretender obter resultados xa. No caso das miñas alumnas entenden que o ioga significa paciencia.
 

Comentarios