domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Uxía reúne a Eladio Santos, Wöyza e García MC na 'Gala da memoria' da Deputación

Pazo da Cultura de Pontevedra. JAVIER CERVERA (ADP)
Pazo da Cultura de Pontevedra. JAVIER CERVERA (ADP)
O Pazo da Cultura acollerá un concerto colectivo e colaborativo, "na liña dos Cantos na Maré de Pontevedra", o 5 de novembro

Artistas que participaron no recentemente estreado documental Acorda, como son Sheila Patricia, Su Garrido, Eladio Santos e Lois Pérez, xunto a outros como Pedro Pastor, Wöyza e García MC protagonizarán a Gala da Memoria, que a Deputación de Pontevedra celebrará o 5 de novembro no Pazo da Cultura en homenaxe ás persoas represaliadas na ditadura (entrada, de balde: www.depo.gal). Anunciárono onte Uxía, directora artística do show, e a deputada provincial de Memoria, a nacionalista María Ortega.

María Ortega: "Contaremos con Pedro Pastor, cantautor vetado nese oxímoron que é o 'Madrid da liberdade'"

Segundo contaron, Aldaolado (o dúo que forman as poetas Lucía Aldao e María Lado) serán as condutoras deste concerto colectivo e colaborativo, "na liña dos festivais Cantos na Maré que se facían en Pontevedra", explicou Uxía, que salientou a presenza do cantautor madrileño Pedro Pastor, "fillo de Luis Pastor e sobriño de Pedro Guerra, que leva o compromiso no seu ADN". Tamén destacou a súa presenza a deputada como "cantautor vetado nese oxímoron que é o Madrid a liberdade".

Uxía reúne a Eladio Santos, Wöyza e García MC na 'Gala da memoria'...
Comentarios
ç