Vaipolorío e Arela retiran 50 quilos de lixo na terceira xornada de limpeza do Gafos

Os 13 voluntarios traballaron nun tramo do río próximo á estación de autobuses
2019080718043883734
photo_camera Voluntarios á beira do Gafos. DP

Vaipolorío celebrou onte a terceira xornada da campaña de limpeza do río dos Gafos. O colectivo contou este martes coa colaboración dos mozos pertencentes á asociación Arela.

Os 13 voluntarios retiraron nun tramo do río próximo á estación de autobuses, desde a que saíron ás 10:30 horas da mañá, un total de 50 quilos de lixo, que se engaden aos 120 recollidos polos participantes das xornadas anteriores.

Previamente á saída polo río, desde Arela fíxose cos rapaces un traballo "exhaustivo" en conciencia medioambiental no propio centro, centrado no tema dos plásticos e no relacionado coa conciencia de tirar lixo en espazos públicos.

Arela é unha entidade que traballa en toda Galiza con mozos en situación de desprotección ou de conflito social, e que leva en Pontevedra preto de 15 anos, colaborando case desde o comezo co colectivo Vaipolorío.

Un colectivo, este último, nado fai 20 anos "da necesidade de recuperar o río, ante o deterioro medioambiental e a falta de preocupación das institucións"..

Comentarios