Vaipolorío denuncia unha nova vertedura no río Gafos ao seu paso por Tomeza

O colectivo denuncia que a situación estase a repetir con "certa frecuencia"

A asociación Vaipolorío puxo este martes en coñecemento do 112 unha nova vertedura no Gafos, ao seu paso por Tomeza –onde o río adquire a denominación da propia parroquia pontevedresa–.

En concreto, e tal e como denuncia o colectivo, a vertedura estase a producir con "certa frecuencia" nun sumidoiro ubicado no lugar do Marco, preto de onde o Pintos –denominado río de Marcón nesa zona– aporta as súas augas ao Tomeza.

Como se poden ver nas imaxes, facilitadas por Vaipolorío, a auga escura que sae polo citado sumidoiro acaba desembocando no río.

Comentarios