Vaipolorio denuncia ter atopado unha trampa de pesca ilegal no Gafos

Os voluntarios atoparon o artefacto entre os 170 quilos de lixo recollidos no leito do río
Un dos voluntarios co aparello de pesca atopado. CEDIDA
photo_camera Un dos voluntarios co aparello de pesca atopado. CEDIDA

Durante a última xornada de limpeza no Gafos, celebrada o pasado domingo 9 de agosto, un dos 21 voluntarios que colaboraron con Vaipolorio atopou, entre os 170 quilos de lixo contaminante que retiraron do leito do río, un aparello de arte de pesca, aparentemente para troitas. E malia que a pesca deportiva no Gafos está permitida, a tempada vén de rematar o pasado xullo, polo que actualmente se trataría dunha ferramenta colocada para capturar peixes de xeito ilegal.

A vindeira xornada de limpeza convocada por Vaipolorio, e enmarcada na vixésima edición dunha campaña que leva a cabo a asociación cada ano, terá lugar o domingo 16, coa inscrición aberta até sábado.

Comentarios