Nove tendas de Pontevedra participan dende este xoves nunha campaña posta en marcha pola Rara, pero San Silvestre co obxectivo de recoller produtos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Pontevedra e, ao mesmo tempo, dar a coñecer ás familias comercios dos que non eran clientes habituais.
Para dar visibilidade á campaña, a concellería de Deportes iniciou a distribución de camisetas promocionais da San Silcestre entre os establecementos que participan na iniciativa. As persoas inscritas poderán pasar a recoller a cambio dun kilogramo de alimentos non perecedeiros unha das camisetas.
As tendas son: Naturcamiñ@ (situada na praza Peregrina, 3), Miler (rúa Peregrina, 6), Atmósfera Sport Pontevedra (rúa Cruz Gallástegui, 10), Chico's Sport (Galerías Oliva, 14), Aquadance (rúa Fray Juan de Navarrete, 11), Chema Sport (rúa Benito Corbal, 14), El Puerto Bike Work Shop (rúa Domingo de Andrade, 1), Goleada (rúa Fernando Olmedo, 4), Txustta (rúa Peregrina, 66) y Soccerfactory (rúa Cobián Roffignac, 11).
Na tenda Goleada, onde Tino Fernández recolleu a súa camiseta a cambio da aportación da comida, explicou que "a data límite é o 30 de xuño". Para recollelo é necesario o nome e a dirección de correo electrónico coa que o usuario se inscribiu na carreira.
Soccerfactory tamén anunciou que dobrará a cntidade de comida que reciba en favor do Banco de Alimentos.