lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

Talleres de cultura e deporte urbanos animarán a rapazada nestas festas

Cartel das actividades de cultura urbana
Os obradoiros, impulsados polas concellerías de Deportes e de Promoción Económica, desenvolveranse entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro

Co obxectivo de animar o tempo de lecer e de fomentar a actividade física entre a rapazada nestas datas de Nadal, a plataforma #PonteLovers e a Urban Culture Factory decidiron unirse para organizar talleres de cultura e deportes urbanos de balde destinados os rapaces de entre 5 e 16 anos.

Os obradoiros, impulsados polas concellerías de Deportes e de Promoción Económica, celebraranse entre os días 19 de decembro e 5 de xaneiro e centraranse na iniciación ao surf skate, paddlesurf, skateboarding e baile urbano, graffiti para nenos, iniciación ao sup (stand up paddle) e ioga para nenos. 

Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 682 65 39 04 de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Participarán un máximo de cinco rapaces por taller. 

Os obradoiros de deportes urbanos desenvolveranse entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro, de 9.30 a 14.00 horas horas, os de Iniciación ao surf skate na avenida de Montero Ríos e os de iniciación ao paddlesurf con saída dende a sede da Urban Culture Factory (avenida das Corbaceiras, 44).

As actividades de cultura urbana terán lugar do 19 ao 31 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, todos en horario de tarde. O de iniciación ao skateboarding será de 16.00 a 17.30 horas na sede da Urban Culture e o de baile urbano desenvolverase de 18.00 a 19.30 (nas instalacións de tecnificación e o ximnasio da escola Mission Surf School, na rúa Peregrina, 48). O de graffiti realizarase de 18.15 a 19.45 horas (Peregrina, 48) e o de iniciación ao sup ioga, de 16.00 a 17.45 (avenida das Corbaceiras, 44, ou Peregrina, 48).

Talleres de cultura e deporte urbanos animarán a rapazada nestas...
Comentarios
ç