Os veciños coñecen de primeira man as reformas da rúa Santiña e a praza de Barcelos

Demetrio Gómez reuniuse con representantes da Federación Castelao e Asociación do Burgo para amosarlles os detalles dos traballos
Imaxe dunhas obras realizadas en 2019 na praza de Barcelos. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imaxe dunhas obras realizadas en 2019 na praza de Barcelos. GONZALO GARCÍA

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, reuniuse este mércores con representantes da Federación de Veciños Castelao e a Asociación de veciños do Burgo para trasladarlles o proxecto de reforma da rúa Santiña e a da praza de Barcelos, un compromiso anterior adquirido polo Goberno Local coa federación.

Demetrio Gómez reúnese con membros da Federación Castelao. CONCELLO

Gómez confirmou que as dúas reunións realizáronse nun bo clima de colaboración e os proxectos foron ben recibidos polas dúas entidades, que recibiron ambos documentos para que os poidan estudar e facer as achegas que consideren oportunas.

Ao respecto da Federación Castelao, o concelleiro quedou comprometido a ensinar os proxectos de reforma urbana futuros e a explicar o desenvolvemento das obras tanto urbanas como rurais.

Demetrio Gómez continuará coa difusión de ambos proxectos entre os residentes, comerciantes e outros colectivos do ámbito de actuación de Barcelos e da Santiña, sempre respectando os protocolos covid marcados, polo que parte delas serán telemáticas.

Comentarios