martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Os veciños de Campo Lameiro enchen de roupa e comida os almacéns de Servizos Sociais

O párroco Fermín Santiago Iglesias coa roupa doada. DP
O párroco Fermín Santiago Iglesias coa roupa doada. DP

A campaña impulsada polo párroco Fermín Santiago en colaboración co Concello permite abastecer ao banco de alimentos local, ao roupeiro de Cáritas e a Amigos de Galicia

As doazóns de comida e roupa realizadas polos veciños de Campo Lameiro permitiron abastecer o banco local de alimentos dos Servizos Sociais do Concello e o roupeiro de Cáritas.

A campaña, impulsada polo párroco don Fermín Santiago Iglesias contou coa colaboración do Concello de Campo Lameiro. Grazas á solidariedade dos veciños conseguíronse encher os almacéns provisionais postos a disposición no pavillón municipal de deportes.

Debido á gran resposta, os alimentos irán destinados ao banco local dos Servizos Sociais do Concello de Campo Lameiro e os de caducidade máis inmediata serán trasladados aos almacéns da Fundación Amigos de Galicia para unha pronta utilización. En canto á roupa recollida será revisada, preparada e catalogada por Cáritas, organización benéfica non gubernamental que será a encargada tamén de repartila entre as persoas e as familias que o precisen.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa amosouse orgulloso polo sentimento solidario amosado polos veciños. "Foi unha experiencia moi positiva na que se viu o carácter humanista e solidario dos nosos veciños e veciñas que coas súas doazóns anónimas, e sen buscar o protagonismo senón o ben e o interés xeral dos máis desfavorecidos, colaboraron de forma anónima aportando aquelo que cada un puido e considerou oportuno", apuntou o rexedor, quen agradeceu as aportacións e o seu "comportamento cívico".

Os veciños de Campo Lameiro enchen de roupa e comida os almacéns de...
Comentarios