Veciños de Lérez denuncian que un poste telefónico caído obstaculiza unha vía pública en Couso

A Policía Local acordoou a zona na que o pau caeu de madrugada

Un poste telefónico caído obstaculiza unha vía pública na parroquia do Lérez. DP
photo_camera Un poste telefónico caído obstaculiza unha vía pública na parroquia do Lérez. DP

Un poste telefónico, caído de madrugada, obstaculizou este luns todo o día unha vía pública no lugar de Couso, na parroquia de Lérez. Os veciños denuncian que se viron obrigados a aparcar os seus vehículos lonxe das vivendas e que, a pesar de reiteradas chamadas á compañía, ningún operario acudiu a retiralo. 

Si que se achegou a Policía Local para acordoar a zona na que caeu o pau, pero, segundo os veciños, optou por non movelo ao permanecer enganchado aos cables. 

O poste, ademais, producíu pequenos danos nunha vivenda cando se desplomou á vía.

Comentarios