O 'infausto velorio' do Ravachol dará paso á súa incineración na Ferrería

Pendentes de que se celebren a semana que vén as actividades adiadas por mor da chuvia, Pontevedra ponlle o ramo este sábado ao seu Entroido coa incineración de Ravachol na Praza da Ferrería.

As actividades comezaron a o mediodía, na praza da Peregrina, coa recreación da botica de don Perfecto Feijoo ante o falecemento do papagaio. Actuaron Foula e Os Alegres.

Na praza da Verdura, o velorio de Ravachol na sala mortuoria comenzou ás 18.00 horas. "Prégase a asistencia de loito rigoroso", indicaba o programa do Concello.

O prato forte da xornada comezará á noite (21.00 horas), coa saída do cortexo fúnebre de Ravachol dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña. Irá por San Román, a praza da Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Real, Sarmiento, Pasantaría e rematará na praza da Ferraría.

Nese momento comezará o velorio infausto do papagaio. No cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol, Pontevedra procederá á incineración do finado. "Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico".

Como é habitual, haberá un introito coa lectura dunha elexía para o falecido. Entre outras cousas, a agrupación Celme interpretará unha "danza da morte" e, finalmente, procederase á incineración de Ravachol, agardando que reviva o ano que vén.

Comentarios