Un velorio no Teatro Principal!

Os de Algures estrean un novo espectáculo etnográfico -e xa van seis- baseado en textos de Antón Fraguas, homenaxeado o 17 de maio
Un momento do espectáculo. RAFA FARIÑA - A Galicia insólita - Os de Algures (1)
photo_camera Un momento do espectáculo. RAFA FARIÑA - A Galicia insólita - Os de Algures (1)

Tradicións, medos, ritos e supersticións da cultura popular e tradicional de Galicia subiron este domingo ao escenario do Teatro Principal da man de Os de Algures. A agrupación musical realizou o seu sexto espectáculo etnográfico adicándollo a Antón Fraguas e para elo mesmo recreou un velorio sobore as tablas do Teatro na tarde do domingo.

Un momento do espectáculo. RAFA FARIÑA - A Galicia insólita - Os de Algures (2)

A convocatoria era de balde e o público ateigou o Teatro Principal para ver de preto o traballo dos preto de 100 actores e actrices, bailadores, músicos e outros artistas que participaron na posta en escena dalgunhas das tradicións galegas máis ancestrais. Ademais de ser un espectáculo teatral, Galicia Insólita (así se chamaba a representación do domingo) achegou moitos detalles etnográficos que falan das crenzas máis arraigadas na Galicia de hai máis dun século. Deste xeito, unha parte fundamental do espectáculo foi o vestiario, a cargo da asociación para a conservación do traxe tradicional Sete Espadelas. Deste xeito, na representación amosáronse prendas con máis dun século de historia e réplicas de roupa do século pasado. Había tamén manteis e outros elementos decorativos propios da época. Ademais, máis alá do velorio, recreouse unha voda típica galega, así como outras situacións típicas da tradición de supersticións galegas como un bautizo prenatal.

Un momento do espectáculo. RAFA FARIÑA - A Galicia insólita - Os de Algures (3)

No espectáculo colaboraron, ademais de Os de Algures, 24 coristas do Coro Vinderel, oito bailadores do Ballet Folclórico Galego, an Pandeireteiras de Sadeo, 14 actores e actrices da Aula de Teatro Municipal (dirixida por Anxo Lourido), cinco figurantes do Grupo Tramoias de Algures e Tarabelo Teatro e outros encargados de asuntos técnicos, audiovisuais e atrezzo. A peza creouse a partir das obras de Fraguas A Galicia insólita, Romarías e Santuarios e Cancioneiro de Cotobade.

Comentarios