jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Hoxe pregóase a cabalo a volta da cidade ao medievo

Pregón da Feira Franca do verán pasado. RAFA FARIÑA
Pregón da Feira Franca do verán pasado. RAFA FARIÑA

A XIX edición da Feira Franca inaugúrase esta tarde e prolongarase durante todo o sábado con numerosas actividades

Esta fin de semana estará ateigada de actividades medievais para celebrar a XIX edición da Feira Franca, Festa de Interese Turístico de Galicia. A cidade énchese de veciños e visitantes vestidos de arqueiros, mesoneiros, cabaleiros, reis ou campesiños nunha xornada que inaugurarán este venres ás 19.00 horas pregoeiros a cabalo. Ás 22.30 horas terá lugar na Ferraría o espectáculo As portas do Lérez.

O día grande da Feira Franca será o sábado, xa desde as 11.30 horas que se abre o mercado medieval na avenida de Santa María e comeza a mostra de oficios nas prazas do Peirao e da Ferraría. Durante a mañá haberá tamén cantigas polo centro histórico; unha recreación do transporte do viño desde Santa Clara ata a Peregrina, que irá acompañada de música e animacións; obradoiros de esgrima e de tiro con arco, que se estenderán ata a tarde, e actividades de cetraría.

Pola tarde, o centro histórico acollerá actividades como pasarrúas de paxaros xigantes e domadores, espectáculos de animación, exhibicións de danza, representacións con música medieval ou funcións de bufóns e trobadores, entre outras. A compañía de teatro Art Monium porá fin á festa cun pasarrúas que comezará ás 23.00 horas.

A comida é tamén unha parte fundamental da Feira, na que amigos e familias se reúnen para xantar e cear nas mesas situadas ao longo do casco histórico.

TORNEO MEDIEVAL. A Praza de Touros acollerá, un ano máis, dúas representacións do popular torneo medieval.

A primeira quenda será ás 17.30 horas e a segunda ás 20.00, ambas con entrada de balde ata completar aforo. Accederase polas portas 2, 3 e 6.

Hoxe pregóase a cabalo a volta da cidade ao medievo
Comentarios