Este verán ten sabor a froita

Os pontevedreses colocan no podio os xeados de fresa, limón ou mango, pero tamén triunfan os de chocolate e os de produtos da terra como o licor café, o requeixón con figos ou o café de pota

Os máis cativos prefiren o xeado de tarta de queixo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Os máis cativos prefiren o xeado de tarta de queixo. GONZALO GARCÍA

En Galicia hai moita comida, pero nada substitúe ao xefe da época estival: o
xeado.
Dende os máis cativos ata os máis maiores saen cun sorriso das xeaderías co sabor que lles achega ese pico de felicidade, un bonito recordo, a nostalxia da infancia ou mesmo un amor.

Os sabores poden ser toda unha experiencia, pero cal é o sabor deste verán? O chocolate ten éxito todo o ano, pero, coa calor, os pontevedreses apostan polos sabores de froitas como a fresa, o limón ou o mango; os sabores enxebres "sobre todo no caso dos turistas co de licor café, requeixón con figos ou café de pota e, no caso dos mozos, tarta de queixo", indica unha traballadora de Bico de
Xeado, aclarando que son sabores que "chaman a atención".

"No verán a xente busca sabores frescos, sen tanto leite", indican en Vía Veneto.

Segundo a xeadería Copacabana (Rúa Michelena), os máis maoires quédanse cos sabores nostálxicos como a tarta catalana ou os relacionados cos froitos secos como pistacho ou a castaña. "No verán a xente busca sabores frescos, sen tanto leite", indican en Vía Veneto. Na xeadería da Rúa da Oliva, contan tamén con opcións sen azucre e veganas que encandilan do mesmo xeito.

O xeado é o xefe da época estival. GONZALO GARCÍA
O xeado é o xefe da época estival. GONZALO GARCÍA

SEN GLUTE, POR FAVOR. Unha das propostas que está a ser das máis destacadas do verán é o xeado sen glute. Para algunha xente, os produtos sen glute convertéronse en toda unha revolución para acadar ese perfecto ‘abdome plano’ e, para os celíacos, é a única vía para non renunciar a un xeado. Por iso, esta tendencia imponse nas xeaderías.

"Nós temos clientes fieis con esta doenza dado que temos protocolos para limpar as palas, mans e que nada toque o produto que é apto para o seu consumo", asegura unha das dependentas de Bico de Xeado.

Os máis cativos saen cun sorrido das xeaderías. GONZALO GARCÍA
Os máis cativos saen cun sorrido das xeaderías. GONZALO GARCÍA

Sabores e opcións para todos os gustos e preferencias para atrapar, mediante o sentido do gusto, un recordo ou remomerar o pasado. Os xeados seguen a ser a mellor opción do verán, aínda que, este ano, comeza algo inestable -con ceos cubertos e temperaturas arredor dos 30 graos- para dar un paseo na praia ou no centro da cidade gozando do ambiente e as actividades que se organizan na cidade do Lérez tras a pandemia.