Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

"Víase ben que era unha persoa feliz e sempre estaba disposto a axudar"

Un estudante le a novela ante os seus compañeiros.
Un estudante le a novela ante os seus compañeiros.
O IES Luís Seoane homenaxeou ao recentemente falecido Miguel Suárez Abel, orientador do centro durante 25 anos

Coa lectura continuada da súa última novela, Nunca te vin chorar (Galaxia, 2010), a comunidade educativa do IES Luís Seoane rendiu onte unha sincera homenaxe a Miguel Suárez Abel, falecido o pasado martes aos 65 anos, vítima dun cancro. O escritor, columnista e psicólogo foi orientador do centro durante 25 anos, ata a súa xubilación, hai catro, e deixou unha fonda pegada entre os alumnos e compañeiros.

O equipo da biblioteca foi o encargado de organizar a homenaxe, que tamén serviu para conmemorar o Día do Libro. Os estudantes foron pasando durante toda a mañá para participar na lectura da novela, unha tarefa que tamén desempeñaron docentes e persoal non docente, sobre todo á hora do tempo de lecer, e que inaugurou o director, Carlos García.

Así mesmo, o alumnado de 1º de Bacharelato elaborou unha exposición sobre a obra literaria de Suárez Abel, os premios obtidos durante a súa traxectoria e as reseñas publicadas na prensa co gallo do seu pasamento. María Xosé Dourado, mestra e integrante do equipo da biblioteca, destacou especialmente o artigo que o homenaxeado dedicou ao instituto en 2016, cando recibiu o premio Cidade de Pontevedra, e que foi publicado en Diario de Pontevedra.

RECORDOS. Así mesmo, a exposición tamén recolleu as palabras que persoeiros da literatura como Víctor Fernández Freixanes ou Fina Casalderrey lle dedicaron ao finado, así como os recordos que del teñen os propios estudantes.

"Lembro que andaba moi rápido sempre, lembro o moito que sorría, era unha persoa ben agradable", di Aitor Augusto, de 2º de Bacharelato, mentres a súa compañeira Lourdes Castro subliña que "víase ben que era unha persoa feliz e alegre. Sempre estaba disposto a axudarnos".

"Víase ben que era unha persoa feliz e sempre estaba disposto a...
Comentarios