viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

'Fame de experiencias?' coroa 13 premios internacionais cun 'Óscar do turismo'

El vídeo de la Deputación ha logrado ya 13 galardones
Pontevedra foi o único destino estatal que logrou o primeiro premio na categoría de produto turístico

O vídeo da Deputación de Pontevedra Fame de Experiencias? vén de conseguir un galardón no World Tourism Film Awards, considerados os Óscar do turismo. O audiovisual, producido por Esmerarte, coroa desta maneira un ano no que se fixo con 13 premios internacionais en diferentes certames.

"O vídeo da campaña de promoción de Pontevedra como destino foi considerado mellor película do mundo na categoría de produto turístico", informou a Deputación. "Os prestixiosos World Tourism Film Awards déronse a coñecer este xoves nunha gala retransmitida online dende o Palacio Belvedere de Viena". Nesta 33ª edición do evento participaron 3.500 vídeos de máis de 120 países.

ÚNICO ESPAÑOL. Na súa categoría, Fame de Experiencias? impúxose entre as 32 cintas finalistas de 14 países na votación dos xurados internacionais da rede mundial do Comité Internacional dos Festivais de Filmes de Turismo (CIFFT), que escolle cada ano o mellor audiovisual turístico do mundo. O segundo premio foi para Austria e o terceiro para Chile. Pontevedra consegue, ademais, "ser o único destino do Estado que logra un primeiro premio", indica a Deputación, que lembra que o vídeo "pon en valor o produto e as produtoras e produtores do noso territorio". Córdoba e Madrid conseguiron sendos segundos premios noutras categorías. España foi un dos países con máis recoñecementos.

'Fame de experiencias?' coroa 13 premios internacionais cun 'Óscar...
Comentarios
ç