Os vídeos para o certame Youtubeir@s poden subirse ata o 15 de marzo

No concurso poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a YouTube

O prazo para participar con vídeos e canles en YouTube nos premios Youtubeir@s permanecerá aberto ata o 15 de marzo. No concurso que promove o Concello de Pontevedra poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a YouTube de xeito independente ou nunha canle. Todas as pezas participantes teñen que estar publicadas sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición.

En total, o certame entregará 5.500 euros en premios, repartidos nas categorías: vídeofacermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.

Comentarios