El VIII Pontenciencia reúne 47 proyectos de 700 alumnos

Los trabajos se presentarán entre el 31 de mayo y el 5 de junio
Presentación del Pontenciencia. CEDIDA
photo_camera Presentación del Pontenciencia. CEDIDA

Un total de 17 centros educativos e 8 familias presentarán, entre os días 31 de maio e 5 de xuño, 47 investigacións científicas no marco da VIII edición do programa Pontenciencia.

O proxecto, promovido pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra e a Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt), ten como obxectivo "desenvolver un pensamento crítico e crear mentes investigadoras", segundo apuntan desde a organización.

Nesta edición participarán uns 700 alumnos de Primaria e Secundaria s protagonistas serán os alumnos de Primaria e Secundaria dos CEIP San Benito de Lérez, Ponte Sampaio, Marcos da Portela, San Martiño (Salcedo), Marcón, Santo André de Xeve e A Xunqueira II; os CPR Sagrado Corazón de Os Praceres e Sagrado Corazón de Jesús; a Escola de Capataces Forestais de Lourizán; os IES Valle Inclán, Frei Martín Sarmiento, Luis Seoane de Monte Porreiro, Montecelo, A Xunqueira e A Xunqueira I, e mailo Centro Integral de Formación Profesional (CIFP) A Xunqueira.

O xurado repartirá cinco premios de 300 euros para as mellores investigacións de temática libre e proxectos tecnolóxicos. 

O evento foi presentado este xoves na Sala de Prensa do Teatro Principal nun acto que contou coa presenza de Tino Fernández, tenente de alcalde e concelleiro de Educación; Vanesa Estévez, do Servizo Municipal de Educación; Saleta González e Rodrigo Dapena, coordinadores do proxecto; e os representantes dalgunha das empresas patrocinadoras dos Premios de Investigación Homenaxe á Muller Investigadora: Manuel Fernández Rascado, director xerente de Setga; Carlos Groba, director do departamento de Software+TIC de Marine Instruments; Casimiro González Fernández, xerente territorial Centro Sur de Viaqua, e Iago González, responsable de Cristalería Pontevedresa.