Vila Nova de Cerveira enche as súas rúas de crochet

Desde 2004, ano da súa primeira edición, o proxecto O Crochet sai à Rua... ten conquistado o seu lugar na programación cultural de Vila Nova de Cerveira, converténdose nunha referencia turística no Alto Miño e ao norte da fronteira
Crochet por Vila Nova de Cerveira. FACEBOOK
photo_camera Crochet por Vila Nova de Cerveira. FACEBOOK

Recoñecida como Vila das Artes, a cidade fronteiriza de Vila Nova de Cerveira adoita ofrecer cada ano unha programación estival de calidade, na que a música xoga un papel fundamental. Con todo, por mor da presenza da covid, a Cámara Municipal cerveirense decidiu suspender os grandes eventos que adoitaban congregar a grandes masas de poboación, tanto local como visitante.

Crochet por Vila Nova de Cerveira 1. FACEBOOKPerdéronse así os habituais concertos de verán, tanto acústicos como de fado, ao igual que outras iniciativas musicais que poñen en valor a tradición.

Secasí, o casco histórico volve sorprender coa súa particular decoración estival da vía pública grazas ao proxecto comunitario O Crochet Sai à Rua... em Cerveira, que neste ano 2020 propón un "himno á arte da música", mediante a exposión de pezas de gancho a tamaño real ou de entre 3 e 6 metros, de temática musical.

O roteiro comeza ás portas do edificio da Cámara Municipal, onde se atopa un te piano forrado de gancho e acompañado por un pianista do mesmo material. Xa no centro histórico, outros instumentos e personaxes agardan ás miradas dos visitantes, ao igual que establecementos e balcóns, tamén contaxiados polo espíritu desa fusión entre o crochet e da música. Todo un escenario itinerante que percorrer en familia até finais deste mes.

Comentarios